Antonimia
A antonimia é a relación entre dúas palabras que teñen significados opostos, como grande e pequeno.
Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas. Dentro dos tipos de relacións coas que se organizan (relacións de incompatibilidade, relacións de inclusión e relacións entre significantes e significados), á hora de definir antonimia interésanos a primeira: relacións de incompatibilidade.
Entendemos por incompatibilidade a relación establecida entre significados lingüísticos pola cal un termo supón a exclusión do outro.
Non hai que confundir a incompatibilidade co significado diferente, así:
-
-
- alto e rubio son compatibles: un neno rubio alto.
- alto e baixo son incompatibles: *un neno alto baixo.
-
Hai cinco clases de relacións de incompatibilidade, destas, as tres primeiras considéranse antonimia:
- Privativas ou complementarias: Establécese entre dous lexemas cando un deles presenta un ou varios semas distintivos significativos e o outro mostra precisamente esa carencia: falar / calar
- Graduais: Entre os lexemas hai gradación, hai vocábulos que representan puntos intermedios nunha escala: alto / baixo, fermoso / feo, longo / curto.
- De inversión: Son relacións de reciprocidade: nai / filla, compra / venda, doar / recibir.
- Equipolentes: É unha relación múltiple entre máis de dous membros. Cada un dos lexemas é incompatible con todos e cada un dos lexemas que manteñen este tipo de relación, pero todos teñen un trazo significativo común: Instrumento (trazo común) / guitarra, piano, trompeta (vocábulos equipolentes)
- A neutralización: As oposicións léxicas poden neutralizarse, é dicir, en determinados contextos ou situacións, unha distinción, que normalmente é funcional, pode quedar suspendida e un dos seus termos, o caracterizado ou 'marcado positivamente' inclúese no 'non marcado'
-
-
-
- día (non marcado), período con luz
- noite (marcado), período sen luz
- día (neutro), período de 24 horas (día + noite)
-
-
Véxase tamén [editar]
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia | meronimia | holonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |
- En galilibros hai exercicios sobre antónimos