Marcelino Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcelino Fernández Fernández
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Mieres, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Piloña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Marcelino Fernández Fernández, coñecido como Marico e Nalón, nado en La Pereda (Mieres) en 1909 e finado en Piloña o 1 de novembro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Lugo en 1945. Logrou fuxir da caída da estrutura provincial do PCE de Lugo en febreiro de 1945. Foi reclamado en abril de 1946 polo xuíz militar da Coruña como encartado na causa 75/46 xunto con Ángel Asareo Rivas, Marcelino Fernández Villanueva, Marcelino Rodríguez Fernández, Rafael Casabella Souto, Guillermo Lozano, Víctor López Rodríguez, José Santiago Temprano, José Castro Veiga, José Basanta Basanta, Luis Sánchez Vázquez, León Araújo, Ciriaco Arroyo, Ángel Álvarez Rego e Antonio Somoza.[1] Detido, foi xulgado por rebelión militar en consello de guerra na Coruña na peza separada da causa 75/46 de Lugo contra Enriqueta Otero e outros, o 4 de abril de 1949.[2][3]

Foi tiroteado pola Garda Civil cando saía cos guerrilleiros Manuel Rubio González e Paulino Alonso Pachón dunha casa en El Texedal de Sevares (L'Infiestu, Piloña) o 1 de novembro de 1949.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-4-1946, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 5-4-1949, p. 7.
  3. La Voz de Galicia, 5-4-1949, p. 2.
  4. Vida y muerte de los Macicos
  5. Texedal-casa mueret Marico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]