Foix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Foix

Foix (Foix en francés e Foish en occitan) é una cidade de Francia, capital do departamento de Ariège, que pertence á rexión de Mediodía-Pireneos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao sur de Tolosa, preto da fronteira entre Francia e Andorra, pero nun val, fóra das abas dos Pireneos, no cruzamento dos ríos Ariège e Arget. Con 9.109 habitantes conforme o censo de 1999, é a segunda prefectura máis pequena de Francia. Ten unha extensión de 19,32 km².

Historia[editar | editar a fonte]

Xa en tempo do imperio romano se construíu aquí un forte elevado sobre o petouto rochoso onde hoxe de atopa o castelo. A fundación en 849 da abadía de Saint-Volusien permitiu o desenvolvemento da vida urbana entre os séculos X e XII, cando se constrúen os edificios actuais da abadía e do castelo, e que terá o seu apoxeo no XIV. En 1790 foi designada capital do departamento de Ariège.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Cidades irmándadas[editar | editar a fonte]

Imaxes de Foix[editar | editar a fonte]

Ligazóns relacionadas[editar | editar a fonte]