Kramer contra Kramer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kramer vs. Kramer")
Kramer contra Kramer
Título orixinal Kramer vs. Kramer
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Robert Benton
Produtor Richard Fischoff
Stanley R. Jaffe
Guión Robert Benton
Baseado en Kramer vs. Kramer de Avery Corman
Intérpretes Dustin Hoffman
Meryl Streep
Justin Henry
Jane Alexander
Música Paul Gemignani
Herb Harris
John Kander
Erma E. Levin
Roy B. Yokelson
Antonio Vivaldi
Fotografía Néstor Almendros
Montaxe Gerald B. Greenberg
Ray Hubley
Bill Pankow
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Columbia Pictures
Ano Flag of the United States.svg 19 de decembro de 1979
Galicia 9 de abril de 2008 (TVG)
Duración 105 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama
Orzamento $8.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Kramer contra Kramer (na versión orixinal Kramer vs. Kramer) é un filme estadounidense dirixido por Robert Benton en 1979. É unha adaptación de Robert Benton da novela homónima de Avery Corman. O filme conta a historia do divorcio dun matrimonio e o impacto que este ten no seu fillo. Recibiu cinco Premios Oscar na 52ª edición dos Oscar nas categorías de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz de reparto e mellor guión adaptado.

Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2008.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Ted Kramer (Dustin Hoffman) é un home que antepón o seu traballo á súa familia. A súa esposa Joanna (Meryl Streep) non resiste máis esta situación e abandónalle. Ted vese agora ante a necesidade de ocuparse da casa e, sobre todo, do seu pequeno fillo.

Logo dun tempo, cando Ted xa se desenvolve ben só, Joanna regresa e reclama a custodia do neno. Con todo, Ted non está disposto a separarse do seu fillo, de maneira que Joanna leva o asunto ante os tribunais, onde deberá decidirse quen dos dous obterá a custodia do fillo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É unha película baseada na novel Kramer contra Kramer de Avery Corman.
  • Antes de seleccionar a Dustin Hoffman, os produtores consideraran darlle o papel a Al Pacino.
  • Jane Fonda rexeitou o papel interpretado finalmente por Meryl Streep.
  • Dustin Hoffman axudou en gran xeito ó actor novel Justin Henry, analizando e comentando con el cada escena antes da súa rodaxe.
  • O decorado do apartamento montado no interior do estudo tivo as medidas exactas resultantes do exterior do edificio que aparece na película.
  • O director de fotografía, Néstor Almendros, utilizou nos interiores luz cenital e nos exteriores a luz dispoñible para as tomas.
  • A versión inicial tivo unha duración de 43 minutos adicionais respecto da duración definitiva. *Suprimíronse sobre todo escenas con Jane Alexander e con JoBeth Williams.

Premios[editar | editar a fonte]

Oscar 1979[editar | editar a fonte]

Categoría Acode Resultado
Mellor película Gañador
Mellor director Robert Benton Gañador
Mellor actor Dustin Hoffman Gañador
Mellor actriz de reparto Meryl Streep Gañador
Mellor actor de reparto Justin Henry Candidato
Mellor actriz de reparto Jane Alexander Candidato
Mellor guión adaptado Robert Benton Gañador
Mellor fotografía Néstor Almendros Candidato
Mellor montaxe Gerald B. Greenberg Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oscarblogger: Kramer vs. Kramer. Consultado o 1 de abril de 2013
  2. "Kramer contra Kramer na TVG". Diario Siglo XXI. 7 de abril de 2008. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20080407200137. Consultado o 28 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]