Desert rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desert Rock é un termo dado a varias bandas que proceden da escena musical da zona californiana de Palm Desert. A cotío catalogada tamén como stoner rock, a música contén fortes influencias latinas, ritmos de percusión repetitivos, e elementos de sicodelia. Josh Homme de Queens of the Stone Age fala ás veces tamén do termo robot rock para describir a música da súa banda.

O termo foi previamente aplicado, nos anos 80, a un tipo de punk sicodélico con doses de country, que xeralmente evocaban a zonas desérticas, caracterizado por pasaxes instrumentais épicas e letras que falaban de xente marxinal. Esta xeración de desert rockers estaba centrada na área de Arizona, particularmente en Tucson, a pesares de que moitas bandas tiñan fortes lazos coa escena musical de Los Angeles, e moitas mudáronse a esta cidade.

[editar] Bandas notables da primeira xeración do desert rock

[editar] Bandas contemporáneas de desert rock

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas