Brant Bjork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brant Bjork
Brant Bjork Inkonst May 2007.jpg
Naceu 19 de marzo de 1973 (41 anos)
Orixe Palm Springs, Ccalifornia Flag of the United States.svg
Xénero stoner rock, desert rock
Instrumento(s) batería, guitarra, baixo, voz
Relacionado con Kyuss, Fu Manchu, Mondo Generator
Tempo en activo 1988 - actualidade

Brant Bjork, nado en Palm Springs (California) o 19 de marzo de 1973, é un batería, produtor e guitarrista estadounidense, considerado dunha das figuras máis notables na escena do stoner rock.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mentres estaba no instituto runíuse con Josh Homme, Chris Cockrell e John Garcia para a fundación de Kyuss (coñecida nun principio como Katzenjammer e Sons of Kyuss). A banda asinou un contrato con Elektra Records e converteuse no primeiro grupo de desert rock en acadar é xito internacional. Bjork axudou a publicar o álbum de 1992 Blues for the Red Sun, que axudou a crear o movemento do stoner rock, e despois de da edición de Welcome to Sky Valley, en 1993, deixou Kyuss.

Ese mesmo ano produciu o álbum de estrea de Fu Manchu, No One Rides for Free. En 1997 volveu coller as baquetas no álbum The Action is Go, tamén de Fu Manchu e uníuse ao grupo. Estivo con eles ata antes de comezar a xira do seu álbum California Crossing, no ano 2002.

Durante ese tempo tamén gravou varios discos en solitario: Jalamanta (1999), Brant Bjork & the Operators (2002), Keep Your Cool (2003) e Local Angel (2004).

No mes de outubro do 2003, Brant Bjork xirou por Europa co nome "Brant Bjork and the Bros." Estivo acompañado por Dylan Roche no baixo, Michael Peffer na batería e Mike Pygmie na guitarra. Pygmie deixou a banda despois da xira e foi reemprazado por Scott Cortez para unha nova serie de concertos polos Estados Unidos e Europa no ano 2004. En 2005, The Bros entraron no estudio e gravaron o quinto álbum de Bjork, Saved by Magic, que foi editado o 1 de agosto dese ano.

O 27 de febreiro do 2007 apareceu un novo álbum en solitario titulado Tres Dias, ao que lle seguiu no mes de maio Somera Sól. En setembro, o tema "The Native Tongue", do álbum Tres Dias, foi incluido nun recompilatorio de Poison Tree Records chamado Road To Nowhere. Durante o 2007, o seu selo Duna Records fracasou e cambiouse a Low Desert Punk Recordings. A primeira edición coa nova discográfica sería Punk Rock Guilt, en maio de 2008.

En novembro do 2010, anunciouse que Bjork formaría parte da reformada Kyuss (coñecida agora como Kyuss Lives!), composta por Bjork, Bruno Fevery (reemprazando a Josh Homme) na guitarra, Nick Oliveri no baixo e John Garcia nas voces. No mes de marzo do 2011 comezaron unha xira por Europa e tamén están a traballar nun novo álbum de estudio.