Eduardo Gasset Artime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Gasset Artime
Biografía
Nacemento(es) Eduardo Gasset y Artime Editar o valor em Wikidata
12 de xuño de 1832 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra
Morte20 de maio de 1884 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Madrid
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′06″N 3°43′36″O / 40.401669, -3.726567 Editar o valor em Wikidata
Cargos
Gobernador Civil da provincia de Pontevedra
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico e xornalista
Partido políticoUnión Liberal
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRafael Gasset Chinchilla, Eduardo Gasset Chinchilla Editar o valor em Wikidata

Eduardo Gasset Artime, nado en Pontevedra[1] o 12 de xuño de 1832 e finado en Madrid o 20 de maio de 1884, foi un político, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de José Gasset Montaner, un militar que moi pronto se xubilou e despois foi funcionario de Correos en Pontevedra e da Dirección Xeral de Lotarías, e de Águeda Artime. Traballou desde moi novo no Banco de San Fernando e no Ministerio de Facenda.

Como político iniciouse en 1858 na Unión Liberal. Foi deputado polos distritos de Padrón, Pontecaldelas e Santiago de Compostela (1858-1866). En 1865 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. Durante o Sexenio Democrático foi deputado por Santiago de Compostela, Cambados e Padrón. Tras ser concelleiro en Madrid, foi nomeado Ministro de Ultramar en 1872, cargo do que dimitiu ó non estar de acordo co Goberno na abolición da escravitude, polas consecuencias que podía ter na situación de Cuba e Porto Rico. Aceptou a restauración en 1874 e foi deputado por Padrón (1878-1881).

Como xornalista comezou colaborando en Las Novedades e en 1855 no Semanario Pintoresco Español, cos poemas "Duerme hijo mío", "La paz del alma" e "Fábula". Posteriormente pasou a ser director deste semanario.

En 1862 fundou o xornal El Eco del País, órgano oficioso do partido unionista e en 1867 El Imparcial, de tendencia liberal, que foi un dos periódicos máis influente en España a finais do século XIX e principios do XX. Tamén fundou en 1870 o xornal La Ilustración de Madrid.

Escribiu poesía, pertencendo ó coñecido como grupo dos prebecquerianos. Foi un dos fundadores e accionistas da Institución Libre de Enseñanza, e membro inicial da Asociación de Escritores y Artistas.

Casado en 1855 con Rafaela Chinchilla tivo sete fillos, entre eles os políticos Eduardo e Rafael Gasset Chinchilla. Outros irmáns deles foron Ramón, Manuela e Dolores Gasset, esta última foi a nai de José Ortega y Gasset. Viviu no pazo da Torre de Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal.

Aparece mencionado na IV entrega do artigo "Padrón y las inundaciones" de Rosalía de Castro.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]