Manuel Regal Ledo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1947 (77 anos) Chantada, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritor |
Manuel Bernardo Regal Ledo, nado en Chantada o 9 de febreiro de 1947, é un teólogo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no mosteiro de Samos, profesando como frade bieito en 1969, e licenciouse en teoloxía bíblica na Universidade de Deusto. Está vencellado ás revistas Irimia e Encrucillada e ao movemento de renovación cristiá e galeguista que estas preconizan. Colaborou na edición da Biblia á lingua galega desde os textos orixinais traducindo os libros dos Macabeos, a Carta aos Colosenses de San Paulo e parte das Cartas Católicas.[1] Desde 1993 é educador no Proxecto Home de Lugo.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]Ensaio e traducións
[editar | editar a fonte]- Co evanxeo pola man. Comentarios, pregarias e preces sobre o evanxeo de cada domingo, 1992, SEPT.
- Benqueridos amigos. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo B, 1993, SEPT.
- Convocados para a irmandade. Comentarios, pregarias e preces sobre o Evanxeo de cada domingo. Ciclo C, 1994, SEPT.
- No nome do pai. Cadernos de oración, 1996, SEPT.
- A partir de hoxe, 2000, SEPT.
- Xuntos facemos pobo, 2001.
- Roxelio Subiela Ledo. A gracia dun home de aldea, 2003, Irimia.
- A graza daquel verán. Reflexións e pregarias desde os exercicios espirituais na vida diaria, 2009, Encrucillada.
- Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego, 2009, Movemento Rural Cristián de Galicia.
- Xesús, aquel home de aldea, 2009.
- Os Salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo, 2012, SEPT.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Historia da Igrexa Galega, 1994, SEPT (en colaboración con José García Oro e Arximiro López Rivas).
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- As monxas de Abadín: froitos dunha árbore de vida, 2012.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Las comunidades terapéuticas de Proyecto Hombre. Historia, balance y perspectivas, 2010, Sotelo Blanco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Biblia, Vigo, 2ª ed., 1992, páx XIII e XIV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995 páx. 496-497