Joan Fontcuberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Fontcuberta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte conceptual Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Barcelona (1974–2002)
Chicago Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista visual , fotoxornalista , fotógrafo , artista conceptual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata - 1993 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webfontcuberta.com Editar o valor em Wikidata
Discogs: 3077046 Editar o valor em Wikidata

Joan Fontcuberta i Villà, nado o 24 de febreiro de 1955 en Barcelona, é un artista, docente, ensaísta, crítico e promotor de arte catalán especializado en fotografía, premio David Octavious Hill pola Fotografisches Akademie GDL de Alemaña en 1988, Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres polo Ministerio de Cultura en Francia en 1994, Premio Nacional de Fotografía, outorgado polo Ministerio de Cultura de España en 1998 e Premio Nacional de Ensaio en 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Información, Fontcuberta é profesor de Estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e na Universidade Harvard de Cambridge, Massachusetts, funcións que desenvolve simultaneamente coa súa colaboración con diversas publicacións especializadas en imaxe. En 1980 foi cofundador da revista PhotoVision, editada en formato bilingüe español e inglés, ocupando o cargo de redactor xefe.

Como promotor de eventos relacionados coa arte fotográfica, organizou as Xornadas Catalás de Fotografía en 1979, e en 1982 colaborou na constitución da Primavera Fotográfica de Barcelona. En 1984 foi o comisario da exposición Idas y Caos. Vanguardias fotográficas en España 1920-1945, exhibida na Biblioteca Nacional de Madrid e no Centro internacional de Fotografía (ICP) de Nova York, e máis tarde Creación Fotográfica en España 1968-88 exhibida no Museo Cantini de Marsella e no Centro de Arte Santa Mónica de Barcelona. En 1996 foi nomeado director artístico do Festival Internacional de Fotografía de Arlés. En 1998 obtivo o Premio Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura de España. En 2011 obtivo o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura pola súa obra La cámara de Pandora.

A súa extensa obra fotográfica caracterízase polo uso de ferramentas informáticas no seu tratamento e a súa presentación de xeito interactivo co espectador. Ao igual que outros artistas contemporáneos, representa unha visión crítica da realidade, as verdades fotográficas, históricas ou ficticias a través da fotografía e o seu contexto.

Entre 1985 e 2001, a obra de Fontcuberta foi exposta en máis de trinta museos e salas de arte de Europa, Norteamérica e o Xapón, como o Museo Folkwang de Essen en 1987, o Museo de Arte Moderna de Nova York en 1988, o Centro Andaluz de Arte Contemporánea en 1989, o IVAM de Valencia en 1992, a Parco Gallery de Toquio en 1992, o Museo de Belas Artes de Bilbao en 1995, o Museo do Elíseo de Lausana en 1999, o Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona en 1999, ou o Museo Redpath de Montreal en 1999.

A súa obra foi adquirida por coleccións públicas, especialmente dos Estados Unidos, Alemaña, Francia, España e a Arxentina, como o Centro Pompidou de París, o Museo Metropolitano de Arte e o Museo de Arte Moderna de Nova York, o Art Institute de Chicago, o Museum für Kunst und Gewerbe de Hamburgo, o IVAM de Valencia e o Museo de Belas Artes de Buenos Aires.

O día 7 de marzo de 2013 Fontcuberta gañou o prestixioso Premio Internacional de Fotografía Hasselblad.