Jean Reno
Jean Reno, nado o 30 de xullo de 1948 en Casablanca, Marrocos, é un actor francés de cinema, televisión e teatro. De ascendencia española, o seu verdadeiro nome é Juan Moreno y Herrera Jiménez [1]. Comezou a súa carreira rodando películas francesas e participou en numerosos filmes de Luc Besson, dous dos cales foron determinantes na súa traxectoria profesional: Le Grand Bleu e Léon. Os seus traballos desenrólanse tanto en francés coma en inglés, sabendo tamén falar español. Foi incluído coma personaxe no videoxogo Onymusha 3.
Índice |
Traxectoria [editar]
Os inicios [editar]
Naceu en Casablanca cando a cidade formaba parte dun protectorado francés. De ascendencia andaluza, o seu pai era de Sanlúcar de Barrameda e a súa nai de Jerez de la Frontera. Esta morreu cando el era un adolescente [1]. Ten unha irmá menor, Marie-Thérèse. Aos doce anos mudouse a Francia. Estudou en Cours Simon [2]. Tras facer o servizo militar en Alemaña, voltou a Francia e decidiu converterse en actor, montando unha compañía de teatro con Didier Flamand, con que chegaría a colaborar en varias das súas obras de teatro.
Carreira cinematográfica [editar]
Por mor da súa altura (1,88 metros), comezou facendo papeis de vilán. Posteriormente, rompería este estereotipo e protagonizaría tanto papeis cómicos coma heróicos. Participou na primeira curtametraxe do director Luc Besson, L’Avant dernier, e a partir de aí colaboraron xuntos en numerosas películas que lle otorgaron unha grande sona ao actor: Nikita (1990), Le Grand Bleu (1998) e Léon (1994) (esta última xunto a Gary Oldman e a unha nova Natalie Portman). Asemade, prestou a súa voz para dar vida ao personaxe de Porco no filme Porco Rosso (1992), de Hayao Miyazaki.
Traballou en numerosas películas estadounidenses, entre elas French Kiss (1995) con Meg Ryan e Kevin Kline, Mission: Impossible (1996) con Tom Cruise, Ronin (1998) con Robert De Niro) e Godzilla (1998) con Matthew Broderick. Ofrecéronlle asemade o papel do axente Smith en The Matrix pero non se chegou a un acordo definitivo. Paralelamente, continuou rodando filmes franceses coma Les Visiteurs (2000), Les rivières pourpres (2000) xunto a Vincent Cassel e Les rivières pourpres 2 (2004) xunto a Benoît Magimel. En 2006 participou en The Pink Panther (2006) facendo o papel de Gilbert Ponton e en The Da Vinci Code, no papel do capitán Bezu Fache.
Foi nominado en tres ocasións ao Premio César coma mellor actor: dúas veces coma actor principal por Léon e Les Visiteurs e unha coma mellor actor secundario por Le Grand Bleu. No ano 2000 recibiu o Premio do Cinema Europeo.
Vida persoal [editar]
O 29 de xullo de 2006 casouse coa modelo e actriz Zofia Borucka na cidade de Les Baux-de-Provence, ao sur de Francia. Ten catro fillos de dous matrimonios anteriores. Na actualidade reparte o seu tempo entre as súas residencias de París, Malasia e Os Ánxeles.
Jean Reno apoiou a Nicolas Sarkozy nas eleccións presidenciais de Francia de 2007 [3] [4]. É un gran fan de Elvis Presley e ten facilidade para imitar a súa voz; de feito, tivo que facer uso desta vantaxe nunha escena de ‘’Godzilla’’ na o guión requería que se fixese pasar por estadounidense.
Honores [editar]
O ex presidente de Francia Jacques Chirac nomeouno Cabaleiro da Lexión de Honor durante o desfile do 14 de xullo de 1999. En 2006 recibiu o título de Fillo Adoptivo da cidade de Cádiz [5]
Filmografía [editar]
- L'Hypothèse du tableau volé (1979)
- Clair de femme (1979)
- Voulez-vous un bébé Nobel? (1980)
- Les Bidasses aux grandes manoeuvres (1980)
- The Moroccan Stallion (1980)
- L'Avant dernier (1981)
- La Passante du Sans-Souci (1982)
- Quelques hommes de bonne volonté" (1983), serie de televisión.
- Le dernier combat (1983)
- Signes extérieurs de richesse (1983)
- Ballade sanglante (1983)
- Notre histoire (1984)
- Et demain viendra le jour (1984), TV
- Alea (1984)
- Un homme comblé (1985), TV
- Subway (1985)
- Strictement personnel (1985)
- Zone rouge (1986)
- I Love You (1986)
- Pour venger Pépère (1986), TV
- Monsieur Benjamin (1987, TV
- Le Grand Bleu (1988)
- Nikita (1990)
- L’Homme au masque d'or (1990)
- L'operation corned beef (1991)
- Loulou Graffiti (1991)
- Porco Rosso (1992)
- Les Visiteurs (1993)
- La Vis (1993)
- Paranoïa (1993)
- Flight from Justice (1993), TV
- Léon (1994)
- Les Truffes (1995)
- French Kiss (1995)
- Al di là delle nuvole (1995)
- Mission: Impossible (1996)
- Le Jaguar (1996)
- Roseanna's Grave (1997)
- Un amour de sorcière (1997)
- Les Soeurs soleil (1997)
- The Time (1998)
- Les visiteurs II - les couloirs du temps (1998)
- Godzilla (1998)
- Ronin (1998)
- Les rivières pourpres (2000)
- Just Visiting (2001)
- Wasabi (2001)
- Décalage horaire (2002)
- Rollerball (2002)
- Tais Toi! (2003)
- Les rivières pourpres II - Les anges de l'apocalypse (2004)
- L’Enquête corse (2004)
- Onimusha 3: Demon Siege (2004), imaxe (voz en versión xaponesa)
- L’Empire des loups (2005)
- La Tigre e la neve (2005)
- The Pink Panther (2006)
- The Da Vinci Code (2006)
- Flyboys, heroes do aire (2006)
- Flushed Away (2006), voz
- Cash (2008)
- The Pink Panther 2 (2009)
- Margaret (2009)
- Armored (2009)
- Couples Retreat (2009)
Teatro [editar]
- Prends bien garde aux zeppelins, de Didier Flamand (1977)
- Ecce Homo, de Didier Flamand (1978)
- Celimare le bien aimé, de Andreas Voustinas (1978)
- Je rompts et ne plie pas, de Loïc Fremont (1979)
- Société un, de Didier Flamand (1979)
- La manufacture, de Didier Flamand (1981)
- Terre étrangère, de Arthur Schnitzler, posta en escena de Luc Bondy, Teatro Nanterre-Amandiers (1984)
- Andromaque, de Roger Planchon (1987)
- Montserrat, de Jean-François Prevand (1991)
- Les Grandes Occasions, de Bernard Slade, adaptada por Danièle Thompson, posta en escena de Bernard Murat, Teatro Edouard VII, París (2006)
Premios e nominacións [editar]
- Nominado aos Premios César coma mellor actor secundario polo papel de Enzo Molinari en Le Grand Bleu (1989).
- Nominado aos Premios César coma mellor actor polo papel de Godefroy de Papincourt en Les Visiteurs (1994).
- Nominado aos Premios César coma mellor actor polo papel de Léon en Léon (1995).
- Gañador do Premio do Cinema Europeo pola súa aportación ao cinema internacional (2000).
- Nominado aos Premios do Cinema Europeo coma mellor actor polo papel de Pierre Niemans en Les Rivières pourpres (2001).