Meg Ryan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margaret Mary Emily Hyra, coñecida como Meg Ryan, nada o 19 de novembro de 1961, é unha actriz de cinema e televisión estadounidense. Durante a súa traxectoria profesional Ryan recibiu varios premios e nomeamentos entre as que cabe destacar tres candidaturas ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical e unha ao Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista.