Wasabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wasabi fresco

O wasabi (en xaponés 山葵 ou ワサビ) emprégase como condimento xaponés. É extraído dunha raíz da planta de nome homónimo, denominada co seu nome científico Wasabia japonica, Cochlearia wasabi, ou tamén Eutrema japonica, da familia do nabo, a mostaza e o repolo. Ten un sabor extremadamente forte e emprégase principalmente mesturado coa salsa de soia para mollar o sushi. En xeral, é usado para decorar os pratos de peixe ou carne.

A súa forza, máis que no picor, reside nos vapores que se transmiten ao longo das fosas nasais e que producen unha sensación de ardor. Esta sensación non fica demasiado tempo a diferenza do picor producido polos chiles. O wasabi medra de forma natural só en Xapón e a illa de Sakhalín.

Características[editar | editar a fonte]

Úsase como condimento en moitos pratos de comida xaponesa, como o sushi, o sashimi ou nalgúns tipos de donburi. No Xapón tamén é posible atopalo en forma de brotes que se poden consumir en ensaladas e que teñen algo do sabor da raíz do wasabi. Tamén existen aperitivos de sabor a wasabi.

O wasabi é escaso, difícil de producir e caro, mesmo no Xapón polo que moitas veces adóitase recorrer a sucedáneos de wasabi, xa sexa en forma de po ao que debe engadírselle auga e remexer ou envases de tubo listos para a súa utilización. Estes sucedáneos están feitos a base de rábano picante ao que se lle engade un colorante verde e é a pasta que se serve na maioría dos restaurantes tanto no Xapón como fóra del. Para distinguir o wasabi artificial do auténtico, en Xapón denomínase a este último hon-wasabi (wasabi auténtico). O hon-wasabi véndese fresco en forma de raíz, e debe relarse e mesturarse con auga no intre no que se vaia a consumir.

Picor[editar | editar a fonte]

Uso histórico[editar | editar a fonte]

Antes de que os sistemas de refrixeración perfeccionásense en Xapón, o wasabi era utilizado para envolver os peixes crus xa que posúe propiedades antibacterianas e antisépticas. Actualmente emprégase para realzar o sabor do sushi aínda que só en pequenas porcións debido ao seu característico picor. Os xaponeses utilizábano para fregarllo as feridas para evitar infeccións.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Wasabi