Maximilien de Robespierre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robespierre

Maximilien François Marie Isidore de Robespierre, nado o 6 de maio de 1758 e finado o 28 de xullo de 1794 foi un dos líderes máis coñecidos da Revolución Francesa. Os seus partidarios coñecíano como o incorruptible debido á súa dedicación moral austera á revolución. Era un membro influente do comité da seguridade pública, e unha figura fundamental no período da revolución coñecida comunmente como o reino do terror. A súa detención e execución en 1794 puxo fin ao terror. Politicamente foi discípulo de Jean-Jacques Rousseau, entre outros filósofos da Ilustración, e voceiro capaz da burguesía esquerdistas.

Robespierre decidiu presentarse ás eleccións aos Estados Xerais de abril de 1789, facéndose coñecido na súa localidade pola panfleto Adresse à la nation artésienne. Aínda que os principais oligarcas da provincia presentáronse para a elección, o 26 de abril Robespierre foi electo como o quinto deputado do Terceiro Estado.

Ao reunirse os estados xerais en Versalles o 5 de maio de 1789, a paixón de Robespierre xa empezou a ser evidente. Mirabeau dixo del: Este novo home cre no que di, vai chegar lonxe.

Grande orador na Asemblea Constituinte (rexístranselle uns 150 discursos ata 1791), foise afianzando como un dos líderes do pequeno grupo de extrema esquerda denominado despectivamente por Mirabeau as trinta voces.

Desde a época dos Estados Xerais, Robespierre participara no club dos amigos da constitución, que ao trasladar o seu recinto ao edificio dos freires xacobinos serían coñecidos como os xacobinos. Rodeado de persoas da súa orixe e clase social, Robespierre foi gañando terreo ata converterse no líder absoluto do movemento no verán de 1792.

A fuga do rei a Varennes arruinou as posibilidades dunha monarquía constitucional viable. Aínda que Robespierre gardou cautela, miles de manifestantes decidiron pedir a abdicación do rei no Campo de Marte o 17 de xullo de 1791, recibindo como resposta as balas do batallón ao mando de La Fayette. Os líderes de esquerda temeron pola reacción, Marat pasou á clandestinidade, Danton a Inglaterra, pero Robespierre mantívose en París, limitándose a mudarse á residencia de Maurice Duplay, un ebanista que residía na Rue Saint-Honoré e simpatizante xacobino, reforzando a súa posición ao manterse en París e co seu club durante esta grave situación.

O 30 de setembro, na disolución da asemblea constituinte, o pobo de París destacou a Pétion e a Robespierre, como dous patriotas incorruptibles.


Entrou no comité do público o 9 de termidor do ano I (27 de xullo de 1793), converteuse no amo da ditadura xacobina, impoñendo un réxime do terror, nel regulacións de urxencia eran consideradas esenciais para a seguridade interior, seriamente ameazado da república (insurrección no Vendée) como no exterior (guerra contra os países europeos). Logo da eliminación dos extremistas (Hebertistas e Enragés, 24 de marzo de 1794), considerados demagóxicos, e máis tarde dos clementes (agrupados ao redor de George Danton, 5 de abril de 1794), Robespierre no intento de impoñer o seu ideal da república democrática e virtuosa, sostida por pequenos propietarios libres e iguais en dereitos, dándolle un coroamento espiritual coa institución do Culto ao Ser Supremo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]