Antoine-Jean Gros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine-Jean Gros, nado o 16 de marzo de 1771 e finado o 25 de xuño de 1835, foi un pintor francés. Era membro da nobreza (barón). A súa pintura inicialmente neoclásica achegouse logo ao romanticismo atraído pola súa forza e expresividade dramática. O seu mestre foi o pintor e amigo Jacques-Louis David. É coñecido polas súas pinturas históricas nas que Napoleón aparece frecuentemente como protagonista.