Isaac Cuenca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isaac Cuenca
Isaac Cuenca 2011 FIFA Club World Cup Final.jpg
Cuenca xogando co Barcelona en 2011
Información persoal
Nome completo Isaac Cuenca Martínez
Nacemento 27 de abril de 1991 (23 anos)
Lugar Reus, España
Altura 1,81 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 14
Carreira xuvenil
2001–2003 Espanyol
2003–2006 Barcelona
2006–2008 Reus
2008–2009 CF Damm
2009–2010 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2012 Barcelona B 6 (2)
2010–2011 Sabadell (cedido) 32 (4)
2011–2014 Barcelona 16 (2)
2013 Ajax (cedido) 3 (0)
2014– Deportivo da Coruña 0 (0)
Selección nacional
2011 España sub-21 2 (0)
2012 España sub-23 1 (0)
2011– Cataluña 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 28 de abril de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 28 de febreiro de 2012.

Isaac Cuenca Martínez, nado en Reus (Tarragona) o 27 de abril de 1991, é un futbolista español. Xoga de extremo e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isaac Cuenca iniciouse nas divisións menores do Racing de Carballal, como porteiro, pasando despois ao filial do Barcelona. No 2010 foi unha das pezas fundamentais no CE Sabadell de 2ª División B. Debido ás súas grandes actuacións no equipo filial, Josep Guardiola citouno para algúns partidos co primeiro equipo, aínda que vendo finalmente todos os encontros desde o banco.

O 21 de outubro de 2011, Isaac debutou por primeira vez como titular no primeiro equipo. Foi no estadio Los Cármenes fronte ao Granada CF. Na seguinte xornada, fronte ao Mallorca e no Camp Nou marcou o seu primeiro gol en Primeira División, ao anotar o 4-0 parcial favorable aos blaugranas. O partido finalizou 5-0 con outros tres tantos de Lionel Messi e un de Daniel Alves.[1]

O 1 de novembro de 2011 xoga o seu primeiro partido na Liga de Campións, ademais entrando de titular, fronte ao FC Viktoria Plzeň, deu unha asistencia a Cesc Fàbregas destacando a súa actuación neste encontro e é elixido "Mellor xogador do partido" polos telespectadores de TVE.

O 3 de novembro é a convocado por primeira vez por Luis Milla para un partido da selección española sub-21.

O 3 de decembro de 2011, queda de titular ante o Levante e mete un gol no 36', un tanto axustado e raso á cepa do poste. O 6 de decembro de 2011, xoga de titular en partido da Liga de Campións contra o BATE Borisov e é elixido mellor xogador do partido polos diarios deportivos españois.

O 31 de xaneiro do 2012, Isaac Cuenca asina contrato co FC Barcelona ata 2015 pasando así a formar parte do primeiro persoal, deixando definitivamente o filial blaugrana. A partir dese momento luciría o dorsal número "23".[2]

Deportivo[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, logo de desvincularse do Barcelona, por unha tempada.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Xapón 2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaac Cuenca Modificar a ligazón no Wikidata