Huso huso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Huso huso
Beluga sturgeon.png
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Orde: Acipenseriformes
Familia: Acipenseridae
Subfamilia: Acipenserinae
Xénero: Huso
Especie: H. uso
Nome binomial
Huso huso
(Linnaeus, 1758) [1]

O Huso huso é unha especie de peixe condrósteos da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, que habita principalmente na conca do mar Caspio, e tamén, aínda que menos abundante, na do mar Negro e que, ocasionalmente, se pode encontrar no mar Adriático.

Moi prezado polasa súas ovas, o exquisito e carísimo caviar Beluga,[2] que alcanza nos mercados prezos que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[3] [4]

Porén, a súa carne non é moi prezada.

Características[editar | editar a fonte]

É un peixe anádromo, que remonta os ríos para reproducirse.

Pode alcanzar gran tamaño: capturáronse exemplares moi vellos de até 5 m de lonxitude.

É de lento crecemento e tardía maduración, e pode vivir uns 150 anos.

Este esturión é un gran depredador, alimentándose doutros peixes.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

O número de espécímes da especie foi reducíndose estremadamente nos últimos anos debido á sobrepesca e á contaminación, obrigando a moitos gobernos a restrinxir a súa comercialización.

A IUCN clasifica este esturión como "especie en perigo de extinción".[5]

É unha especie protexida que fugura na lista do Anexo II do Convención de Berna.[6] e o seu mercado está restrinxido polo Apédice II do CITES.

As poboacións que subsisten no mar Mediterráneo están fortemente protexida polo Anexo II da Convención de Berna, prohibindo cualquera morte intencionada destes peixes.

O Servicio de pesca e Vida Salvaxe dos Estados Unidos prohibiu a importación do "caviar Beluga" e outros produtos derivados deste peixe do mar Caspio desde o 7 de outubro de 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Huso huso na SIIT (en castelán)
  2. Top 5 world's most expensive ingredients en Lifestyyle. (en inglés)
  3. Young, Mark C. (1999): Guinness Book of World Records. p. 94.
  4. Schmidt, Arno (2003): Chef's Book of Formulas, Yields, and Sizes. p. 48.
  5. Gesner, J., Chebanov, M., Freyhof, J. & Kottelat, M. (2009): Huso huso, na Lista Vermella de especies ameazadas da UICN.
  6. Annex II of the Convention on the Conservation of European Wildlife and Natural Habitats do ano 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Huso huso
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Huso huso