Caviar Beluga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caviar Beluga.

O caviar Beluga é un caviar que consiste nas ovas ou míllaras do esturión beluga, a especie Huso huso, da familia dos acipenséridos.

Este esturión encóntrase principalmente no mar Caspio, o lago de auga salgada máis grande do mundo, que está bordeado por Irán e os antigos países da antiga URSS, hoxe da CEI, Acerbaixán, Casaquistán, Rusia e Turcomenistán.

Tamén pode encontrarse na conca do mar Negro e, ocasionalmente, no mar Adriático.

O caviar Beluga é o máis prezado e caro dos caviares,[1] cuns prezos no mercado que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Top 5 world's most expensive ingredients en Lifestyyle. (en inglés)
  2. Young, Mark C. (1999): Guinness Book of World Records. p. 94.
  3. Schmidt, Arno (2003): Chef's Book of Formulas, Yields, and Sizes. p. 48.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]