Humberto I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Humberto I de Italia
Reinado 9 de xaneiro de 1878
29 de xullo de 1900
Predecesor Vítor Manuel II
Sucesor Vítor Manuel III
Esposa Margarida Teresa de Savoia
Descendencia
Vítor Manuel III
Casa Casa de Luxemburgo
Pai Vítor Manuel II
Nai María Adelaida de Habsburgo-Lorena
Nado 14 de marzo de 1844
Turín, Piemonte-Sardeña.
Morto 29 de xullo de 1900 (56 anos)
Monza, Italia

Humberto I de Savoia, coñecido en italiano Umberto I di Savoia, nado en Turín o 14 de marzo de 1844 e finado en Monza o 29 de xullo de 1900, foi Rei de Italia entre 1878 e 1900.

Umberto Rainerio Carlo Emanuele Giovanni Maria Ferdinando Eugenio, Príncipe do Piemonte, naceu en Turín, a capital do Reino de Piemonte-Sardeña. Foi fillo do Príncipe Vítor Manuel de Savoia, futuro monarca de Piemonte e que anos atrás lograría converterse no primeiro Rei de Italia, e da súa curmá María Adelaida de Habsburgo-Lorena, Arquiduquesa de Austria.

A súa educación estivo nas mans de Massimo Taparelli, Marqués de Azeglio e de Pasquale Stanislao Mancini. En abril de 1868, o príncipe Humberto casou coa súa curmá a Princesa Margarida Teresa de Savoia. O matrimonio tivo un fillo, Víctor Manuel (1869-1947).

Desde marzo de 1858, Humberto de Savoia seguiu a carreira militar no exército sardo, comenzando co rango de capitán. Estivo presente na batalla de Solferino en 1859, e en 1866 estivo ao mando dunha división na batalla de Custoza, aínda que sen intervir directamente nesta.

O 9 de xaneiro de 1878, tras a morte do seu pai Vítor Manuel II, Humberto de Savoia converteuse en Rei de Italia co nome de Humberto I.

Reinado[editar | editar a fonte]

Humberto I adoptou o título Humberto I de Italia e non seguiu a tradición que lle tería correspondido, de ser Humberto IV (de Savoia), co fin de reforzar a súa imaxe como soberano efectivo dos seus súbditos en todo o Reino de Italia e non só dos nativos de Piemonte-Sardeña. Con ese mesmo obxectivo, Humberto consentiu que os restos do seu padre foran soterrados en Roma, no Panteón de Roma, e non no mausoleo real da basílica de Superga, situado sobre un dos outeiros que arrodean Turín, onde desde mediados do século XVIII eran sepultados todos os membros da dinastía Savoia.

En novembro dese mesmo ano saíu ileso dun atentado que sufriu en Nápoles por parte do anarquista Giovanni Passannante, pero que deixou gravemente ferido o Primeiro Ministro, Benedetto Cairoli. O atacante foi detido e condenado a morte, pena que foi conmutada por Humberto I a cadea perpetua.

O 24 de outubro de 1896, o Príncipe Víctor Manuel, herdeiro do trono italiano, contraeu matrimonio coa Princesa montenegrina Jelena Petrović-Njegoš en Roma.

Política exterior[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado, Italia uniuse á Alemaña e Austria-Hungría formando parte da Tripla Alianza, decisión que non foi apoiada pola opinión pública, a causa do dominio que exerceu o Imperio austrohúngaro no norte de Italia e que restou popularidade ao monarca italiano. De feito, esta clase de alianza era considerada até certo punto "antinatural" polos políticos e intelectuais italianos, que se ben admiraban a potencia do Imperio Alemán, non olvidaban que o irredentismo italiano aínda estaba vixente e reclamaba a anexión do Trentino e do Véneto, rexións poboadas por italianos pero baixo soberanía de Austria. Sumado isto ás vellas tensións históricas que sentían os intelectuais que apoiaron a unificación de Italia e que relacionaban esta co antigo Imperio Romano, destruído por diversas tribos xermanas.

A política exterior italiana baixo o reinado de Humberto I caracterizouse tamén por unha insistencia en participar do imperialismo mostrado por outras potencias europeas no Reparto de África. Non obstante, Italia iniciou o seu colonialismo cando outros países xa tiñan imperios ultramarinos consolidados (como resultado da tardía unificación italiana), mentres que a economía italiana era aínda débil para afrontar os gastos de aventuras coloniais en comparación a outros países europeos máis prósperos. Isto non impediu que baixo o reinado de Humberto I se formase o imperio colonial italiano, baseado nos territorios de Eritrea e Somalia, obtidos baixo inspiración do primeiro ministro Francesco Crispi, un imperialista convencido.

Política interna[editar | editar a fonte]

O reinado de Humberto I caracterizouse tamén pola orientación política fortemente conservadora do monarca, moi hostil aos sindicatos obreiros que xurdían nas cidades industriais do norte de Italia. O movemento socialista causaba que o rei, desde inicios da década de 1890, se apoiase nos sectores máis conservadores dos políticos e do exército, desconfiando do liberalismo e do parlamentarismo herdado de seu pai, aínda que a industrialización italiana progresara daquela con gran rapidez e era xa unha realidade nas rexións setentrionais do país.

Unha grave crise naceu cando en maio de 1898 se deron masivas protestas populares en Milán relacionadas cunha subida de prezos do trigo e certos impostos novos que gravaron o proletariado urbano. As protestas foron reprimidas de xeito violento nas rúas milanesas polo exército, empregando incluso artillería contra manifestantes desarmados, baixo as ordes do xeneral Fiorenzo Bava Beccaris.

A represión deixou un saldo dun centenar de mortos e pasou á historia italiana como a Masacre de Bava-Beccaris, pero a reacción do rei Humberto en Roma foi convocar o xeneral represor e felicitalo publicamente pola súa "valentía en defender a Casa Real", acusando os obreiros de "inimigos da Coroa". Estes acontecementos deterioraron o respaldo popular cara a Humberto I en particular e o prestixio da Casa de Savoia en xeral, de feito a aliñación do rei en favor da represión violenta contra os obreiros convertérono nun branco da propaganda socialista e anarquista.

Asasinato[editar | editar a fonte]

Humberto I acudiu á cidade de Monza, en Lombardía, a un evento deportivo en xullo de 1900. O día 29 de xullo de 1900, tras cear na Vila Real situada en Monza, Humberto I foi asasinado polo anarquista Gaetano Bresci, quen irrompeu na Vila Real e matou o monarca con cinco disparos de revólver.

Tras esta inesperada morte, seu fillo Vítor Manuel sucedeuno no trono de Italia. O rei Humberto I foi enterrado no Panteón de Roma ao igual que o seu antecesor.

Tapa da revista arxentina Caras y Caretas en memoria de Humberto I de Italia (agosto de 1900)

Ancestros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Vítor Amadeo II, V Príncipe de Carignano
 
 
 
 
 
 
 
8. Carlos Manuel de Savoia, VI Príncipe de Carignano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Princesa Xosefina de Lorraine
 
 
 
 
 
 
 
4. Rei Carlos Alberto de Sardeña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Príncipe Carlos de Saxonia, Duque de Courland
 
 
 
 
 
 
 
9. Princesa María Cristina de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Condesa Francisca de Corvin-Krasinski
 
 
 
 
 
 
 
2. Rei Vítor Manuel II de Italia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Emperador Leopoldo II do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
10. Gran Duque Fernando III de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Infanta María Luísa de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
5. Princesa María Teresa de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Rei Fernando I das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
11. Princesa Luísa de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Arqiiduquesa María Carolina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
1. Humberto I de Italia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Emperador Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
12. Emperador Leopoldo II do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Arquiduquesa María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
6. Arquiduque Raniero José de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Rei Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
13. Infanta María Luísa de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Princesa María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
3. Arquiduquesa María Adelaida de Habsburgo-Lorena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Víctor Amadeo II, V Príncipe de Carignano (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
14. Carlos Manuel de Savoia, VI Príncipe de Carignano
(= 8)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Princesa Xosefina de Lorraine (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Isabel de Savoia-Carignano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Príncipe Carlos de Saxonia, Duque de Courland (= 18)
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa María Cristina de Saxonia (= 9)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Condesa Francisca de Corvin-Krasinski (= 19)
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Vítor Manuel II
Rei de Italia
1878 - 1900
Lesser coat of arms of the Kingdom of Italy (1890).svg
Sucesor:
Vítor Manuel III