Principado de Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPrincipado de Montenegro

HimnoUbavoj nam Crnoj Gori (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalCetinje Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación317.856 (1909) Editar o valor em Wikidata (33,55 hab./km²)
Lingua oficialLingua serbocroata Editar o valor em Wikidata
RelixiónEstado laico Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9.475 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1852 Editar o valor em Wikidata
Disolución1910 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquía absoluta Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estadoDanilo I de Montenegro (1851–1860)
Nicolao I de Montenegro (1860–1910) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Montenegro (pt) Traducir , (Escano: 81) Editar o valor em Wikidata
MoedaCoroa austrohúngara Editar o valor em Wikidata

O Principado de Montenegro (serbio: Књажевина Црна Горa , romanizado:  Knjaževina Crna Gora ) foi un principado do sueste de Europa que existiu desde o 13 de marzo de 1852 ata o 28 de agosto de 1910. Foi entón proclamado reino por Nicolao I de Montenegro, converténdose no Reino de Montenegro. A capital era Cetinje e o perper montenegrino era utilizado como moeda estatal dende 1906. O territorio correspondía á zona central do actual Montenegro. Oficialmente era unha monarquía constitucional.

Historia[editar | editar a fonte]

Reinado de Danilo[editar | editar a fonte]

Danilo I Petrović-Njegoš

O principado formouse o 13 de marzo de 1852 cando Danilo I Petrović-Njegoš, antes coñecido como Vladika Danilo II, decidiu renunciar á súa posición eclesiástica como príncipe-bispo e casou. A primeira constitución montenegrina foi proclamada en 1855, coñecida como "Código de Danilo". Despois de séculos de dominio teocrático isto converteu a Montenegro nun principado secular.

O gran voivoda Mirko Petrović, irmán maior de Danilo I, liderou un forte exército de 7.500 e gañou unha batalla crucial contra os turcos (exército de entre 7.000 e 13.000) en Grahovac o 13 de maio de 1858. As forzas turcas foron derrotadas. Esta vitoria obrigou ás grandes potencias a demarcar oficialmente as fronteiras entre Montenegro e a Turquía otomá, recoñecendo de feito a independencia de Montenegro durante séculos. Montenegro gañou Grahovo, Rudine, Nikšić, máis da metade de Drobnjaci, Tušina, Uskoci, Lipovo, Alto Vasojevići e parte das rexións tribais de Kuči e Dodoši.[Cómpre referencia]

Reinado de Nicolao[editar | editar a fonte]

Nicolao I Mirkov Petrović-Njegoš

Despois do asasinato de Danilo I o 13 de agosto de 1860, Nicolao I, o sobriño de Danilo, converteuse no seguinte gobernante de Montenegro. Nicolao enviou axuda aos rebeldes serbios no levantamento de Herzegovina (1875–78), e despois dirixiu unha guerra contra os otománs, a guerra montenegrina-otomá (1876–78). O avance das forzas rusas cara Turquía obrigou a Constantinopla a asinar un tratado de paz o 3 de marzo de 1878, recoñecendo a independencia de Montenegro, así como as de Romanía e Serbia, e tamén aumentou o territorio de Montenegro de 4.405 km2 a 9.475 km2. Montenegro tamén gañou as cidades de Nikšić, Kolašin, Spuž, Podgorica, Žabljak, Bar, así como acceso ao mar. Esta era a demarcación oficial das grandes potencias entre Montenegro eo Imperio Otomán, recoñecendo de facto a independencia de Montenegro; Montenegro foi recoñecido polo Imperio Otomán no Tratado de Berlín (1878). Baixo o goberno de Nicolao I, establecéronse relacións diplomáticas co Imperio Otomán. Salvo escaramuzas fronteirizas menores, a diplomacia iniciou aproximadamente 30 anos de paz entre os dous estados ata a deposición de Abdul Hamid II.[1]

As habilidades políticas de Abdul Hamid e Nicolao I xogaron un papel importante nas relacións entre os dous países.[1] Seguiu a modernización do estado, que culminou co borrador dunha constitución en 1905. Porén, xurdiron fendas políticas entre o Partido Popular parlamentario que apoiaba o proceso de democratización e unión con Serbia e os do Partido Popular Verdadeiro que eran soberanistas e monárquicos a favor do príncipe Nicolao e da dinastía Petrović-Njegoš.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kapak, Kağıt (2014). II. Abdülhamid Dönemi Osmanlı-Karadağ Siyasi İlişkileri [II. Relacións políticas otomás-montenegrinas na era Abdulhamid]. Turkish Historical Society Publications. ISBN 978-9751625274.