Hugh Falconer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHugh Falconer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de febreiro de 1808 Editar o valor em Wikidata
Forres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1865 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Universidade de Aberdeen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseRobert Jameson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, xeoloxía, paleontoloxía, Paleoantropoloxía e medicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , paleoantropólogo , paleontólogo , xeólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaFalc. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaFalconer Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Falconer-1839 Find a Grave: 21795 Editar o valor em Wikidata

Hugh Falconer, nado en Forres, Escocia, o 29 de febreiro de 1808 e finado en Londres, Inglaterra, o 31 de xaneiro de 1865, foi un xeólogo, botánico, paleontólogo e paleoantropólogo escocés. Foi o primeiro en suxerir a moderna teoría do equilibrio puntuado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a flora e fauna da India, Assam e Birmania, así como de moitas illas do Mediterráneo. Tamén investigou os fósiles da cordilleira Sivalik, entre a India e o Paquistán, onde realizou o que foi, probablemente, o primeiro achado dun fósil dun simio.

Falconer era nun principio un creacionista que negaba a teoría evolutiva. Porén, en 1859 Charles Darwin envioulle unha copia da súa obra A orixe das especies, cunha carta na que dicía: "Estou totalmente convencido de que, ano tras ano, volveraste menos firme na túa crenza na inmutabilidade das especies". En xuño de 1861, Falconer expresou o seu respecto polo biólogo nunha carta a Darwin por recibir o libro. A principios da década de 1860 volveu avaliar a súa visión do mundo e chegou a abrazar a evolución a partir dos seus estudos sobre o rexistro fósil.

En 1863, Falconer escribiu unha monografía sobre o elefante fósil americano das rexións que bordean o golfo de México. Un ano antes enviara en privado o seu traballo a Darwin, quen se amosou encantado de lela. Nel observou longos períodos de estase evolutiva en mamíferos fósiles con períodos curtos de rápido cambio evolutivo ao longo do tempo xeolóxico. Esta observación amosa unha gran previsión. Niles Eldredge e Stephen Jay Gould desenvolveron a mesma teoría básica un século despois, unha teoría coñecida como equilibrio puntuado. Segundo Gould, o traballo "anticipa unha inferencia primaria de equilibrio puntuado: que un patrón local de substitución brusca non significa transformación macromutacional in situ, senón unha orixe da especie posterior a partir dunha poboación ancestral que vive noutro lugar, seguida da migración cara ao lugar local".

Darwin incluíu unha mención a esta afirmación de Falconer nas edicións posteriores d'A orixe das especies. Lonxe de refutala, cualificouna como "consideración importante" [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Darwin, Charles (1872 [2003]). A orixe das especies. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-144-6.