Hiperonimia e hiponimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hiperonimia e a hiponimia son relacións semánticas entre un termo pertencente a un conxunto que está definido por outro termo e este último. Explicado doutro modo, é a relación dunha palabra cun sentido amplo (hiperónimo[1]) con outras do mesmo campo semántico, pero cun sentido máis específico (hipónimos).[2][3] Por exemplo, a palabra "flor" é o hiperónimo relacionado cos termos que fan referencia a todos os tipos de flores: "rosa", "dalia" etc, e "observar", "examinar" ou "mirar" son hipónimos de "ver".

Hiperónimo e hipónimo son dous termos utilizados pola semántica moderna. Son elementos importantes na cohesión do texto, evitando as repeticións mediante a retomada de ideas previas.[4] [5]

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "hiperónimo" deriva do grego antigo "hyper" (ὑπέρ), e este da raíz indoeuropea *uper que ten unha variante radical s*uper, que dá super en latín e significa "sobre" ou "acima de", e "ónoma" (ὄνομα), que significa "nome". Por conseguinte, "hiperónimo" pode ser entendido como "nome sobre" ou "nome que está por encima".

A palabra "hipónimo" tamén se deriva do grego. "Hypo" (ὑπό) significa "debaixo de" ou "inferior a", e "ónoma" (ὄνομα) significa "nome", e vincúlase coa raíz indoeuropea *upo, que deu o prefixo latino sub e de aí a preposición galega so. Polo tanto, "hipónimo" pode ser interpretado como "nome de baixo" ou "nome que está por baixo".

Termo noutras linguas[editar | editar a fonte]

Exemplos[editar | editar a fonte]

A primeira palabra é o hiperónimo, xa que contén o significado máis amplo do termo. As outras palabras asociadas con el son os hipónimos, xa que están vinculados á idea xeral do hiperónimo.

  • animal: mamífero
  • informática: computador
  • medio de transporte: autobús
  • vivenda: apartamento
  • profesión: dereito
  • enfermidade: gripe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hiperónimo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipónimo.
  3. "Hipônimos e hiperônimos, holónimos e merónimos". Consultado o 19 de xuño de 2010. 
  4. "hiperônimos e hipônimos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xuño de 2010. 
  5. "Hipônimos e Hiperônimos" (en portugués). Consultado o 19 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]