Dalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dalia (xénero Dahlia)
Dahlia 'Dahlstar Sunset Pink'
Dahlia 'Dahlstar Sunset Pink'
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Coreopsideae
Xénero: ''Dahlia''
Cav. 1791
Especies

30 especies, 20.000 variedades

A dalia é unha planta ornamental pertencente ao xénero Dahlia, un xénero botánico pertencente á familia Asteraceae. De raíz tuberosa, cultívase polas súas flores vistosas. É común na xardinaxe galega.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome orixinal da dalia provén do nahuatl acocoxochitl, que vén de: a-tl (auga), coco-tli (tubo) e xochitl (flor).

O nome xenérico Dahlia, o nome galego, e en xeral de todas as linguas occidentais, vén do botánico sueco A. Dahl, 1751-1787, que introducíu a planta en Europa.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herbácea de porte medio, perenne. Cando é adulta, a planta chega a atinxir os 1,50 metros. A mayoría das dalias son plantas herbáceas ou arbustivas, ás veces epífitas ou rubideiras. As herbáceas son anuais, pois a súa follaxe desaparece no inverno, mais as súas raíces tuberosas fican soterradas, de onde agroman novas planta na seguinte estación de choivas. As arbustivas son perennes e polo xeral teñen raíces tuberosas moi desenvolvidas. Os talos son ocos (de aí o nome en náhuatl “Acocoxóchitl”) ou compactos e, as follas son opostas ou verticiladas (orixínanse arredor dun mesmo punto e se distribúen en diferentes direccións), simples a tres veces compostas. A follaxe varía entre láminas enteiras e láminas divididas.

As flores están formadas de varias estruturas (compostas) que en conxunto se denominan cabeciñas: flores liguladas (en forma de lingua) ubicadas ao exterior, cuxa aparencia é semellante á dun pétalo (brancas, moradas, amarelas ou vermellas); e as tubulares ou flores de disco (amarelas ou moradas), que se asemellan a un prato, ambas as dúas fican dispostas sobre unha base común chamada receptáculo. [1] En conxunto forman o capítulo. Na actualidade, as dalias chamadas duplas incrementaron o número e tamaño de flores liguladas. Os froitos son secos, dunha soa semente e indehiscentem, aquenios de forma oval lanceolada. As follas semellan ser máis diversas entre as especies cás mesmas flores.

Historia[editar | editar a fonte]

É orixinaria do México, onde é moi popular. Os indios precolombianos daquela rexión foron os primeiros a cultivar dalias, aínda no período do imperio Azteca. Contra o final do século XVIII, o director do Xardín Botánico de Madrid encantouse coa flor durante unha visita a México. Foi de abondo para que a dalia atravesase o océano e chegase a Europa, onde se adaptou moi ben ao clima temperado.

Foi o botánico sueco A. Dahl, responsábel da expansión das dalias pola rexión nórdica de Europa, quen inspirou o nome da flor. Os holandeses e os franceses foron os maiores introdutores do cultivo e da produción de innumerábeis especies híbridas de dalias. A inmigración holandesa contribuíu moito á propagación desta flor no Brasil.

Hoxe, grazas ao xurdimento de varios híbridos, podemos encontrar diversos tipos de dalias, o que resulta nunha gran variedade de formas (pompón, bóla, decorativa etc.) e cores (branca, alaranxada, vermella, amarela, pink). Son máis de 3.000 variedades resultantes de cruzamentos con outras especies, coma os crisantemos, por exemplo.

Cultivo[editar | editar a fonte]

A reprodución é por medio de sementes, escallos ou división das raíces tuberosas; esta última forma permite a propagación dun exemplar con características idénticas ás da planta nai. O substrato ideal para o plantío constará de dúas partes de terra común, dúas partes de terra vexetal e unha parte de area. Os solos de Galiza soen ser favorábeis para o seu cultivo.

O clima ideal é o temperado. En locais de clima frio precisa dun mínimo 4 horas de sol pleno; en climas quentes, recoméndase o cultivo a media sombra. Respecto das regas, cómpre manter o solo sempre húmido, sen enchoupar. Como coidado especial, necesita protección contra o vento e fertilización orgánica cada tres meses.

A floración produce flores illadas na primavera e no verán, de diferentes cores.

Variedades de dalias[editar | editar a fonte]

  • Dahlia "Firebird"
  • Dahlia "G.F. Hemerick"
  • Dahlia "Garden Wonder"
  • Dahlia "Gina Lombaert"
  • Dahlia "Glorie Van Naardwijk"
  • Dahlia "Glorie Heemstede"
  • Dahlia "Glory F. Hemerick"
  • Dahlia "Glow"
  • Dahlia "Hartenaas"
  • Dahlia "Hit Parade"
  • Dahlia "House of Orange"
  • Dahlia "La Gioconda"
  • Dahlia "Lady Linda"
  • Dahlia "Lavender perfection"
  • Dahlia "Lucky Number"
  • Dahlia "Musette"
  • Dahlia "Nuit d'été"
  • Dahlia "Orange Nugget"
  • Dahlia "Orange Wealt"
  • Dahlia "Park Princess"
  • Dahlia "Patty"
  • Dahlia "Pianella"
  • Dahlia "Playa blanca"
  • Dahlia "Pomponnette"
  • Dahlia "Popular Guest"
  • Dahlia "Prefere"
  • Dahlia "Preference"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Calderón y Rzedowski,2001).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dalia

Outros artigos[editar | editar a fonte]