HMHS Britannic
| HMHS Britannic | |
|---|---|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, |
| Clase | Olympic |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | |
| Porto de rexistro | Liverpool |
| Posta en grella | 30 de novembro de 1911 |
| Botado | 26 de febreiro de 1914 |
| Viaxe inaugural | 14 de xuño de 1911 |
| Baixa | 21 de novembro de 1916 afundido |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 53.000 t (48.158 de tonelaxe) |
| Velocidade | Máxima: 23 nós |
| Tripulación | 860 |
| Capacidade | 675 como barco hospital, 3.300 feridos, e 489 personas de personal médico. Capacidade de como barco de pasaxeiros: en 1ª clase 790, en 2ª clase 836, e en 3ª clase 1530. |
O HMHS Britannic (en inglés His majesty's Hospital Ship; Barco Hospital da Súa Maxestade), foi o terceiro barco da clase Olympic da compañía White Star Line, barco irmán do Olympic e do Titanic. A súa construción estaba na etapa inicial cando zarpou o Titanic na súa viaxe inaugural. Fóra construido para transportar pasaxeiros, pero foi requisado e só funcionou como transporte de tropas e buque hospital, ata que afundíu en 1916.
Índice |
Comezos [editar]
Ao igual que os seus dous irmáns o RMS Titanic e o RMS Olympic o Britannic foi deseñado por Thomas Andrews, xefe de departamento de construción de Harland and Wolff. A quilla do Britannic foi posta o 30 de novembro de 1911 no asteleiro Harland and Wolff en Belfast, na misma iarda na que se construíu o RMS Olympic. O barco, chamado inicialmente Gigantic, foi renomeado logo como Britannic no último momento, para prevenir desgrazas como a do Titanic, e foi botado ao mar o 26 de febreiro de 1914. A White Star Line sempre negou que o buque ía chamarse Gigantic.
A causa do acontecido no Titanic en abril de 1912, fixéronse varios cambios ao deseño que consistiron en cubrir con dobre fondo todo o barco e aumentar o número de botes salvavidas máis do dobre usando uns grandes pescantes nos que cabían varios botes.
En agosto de 1914, meses despois da súa botadura, a Primeira Guerra Mundial comenzou e non compleráranse os interiores totalmente, foi requisado, adecuado e pintado como buque hospital, de cor branca cunha gran liña verde ao costado, e foron incorporadas unhas grandes cruces vermellas. A White Star Line anunciou que o buque zarparía na primavera de 1915 realizando a ruta Southampton - Nueva York na súa viave inaugural, pero o comienzo da Primeira Guerra Mundial cambiou o destiño do Britannic convirtíndoo en buque hospital con 3.300 camas para feridos.
Afunfimento [editar]
O 12 de novembro de 1916, o Britannic zarpou desde Southampton, capitaneado polo recoñecido capitán Charles A. Bartlett. Despois de repostar en Nápoles (Italia) o día 19 de novembro. O 21 de novembro cando cruzaba a canle de Kea (mar Exeo) no arquipélago grego, ás 08:12 da mañá tivo unha explosión causada por unha miña (tamén se dí que a explosión puido ser causada por un torpeido, ou que puido ser unha explosión interna), 4 millas ao oeste de Port St. Nikolo, illa de Kea, escorouse a estribor e safundíuse en só 55 minutos. O capitán Bartlett tentou embarrancar na illa de Kea para salvar ás personas que transportaba o barco, o intento non tivo éxito, e o barco empezou a afundirse máis rápido, ordeouse o abandono e comezouse a arriar os botes salvavidas. Viaxaban no buque 1.125 personas e morreron 29, a maioría cando os botes nos que ían foron succionados por unha das hélices. As máis de 1.000 personas que sobreviviron foron rescatadas por varios barcos tras o naufraxio. o Britannic foi o barco máis grande perdido durante a Primeira Guerra Mundial.
Postais [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||