SS Celtic (1872)
| SS Celtic SS Amerika |
|
|---|---|
O SS Adriatic xemelgo do Celtic |
|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, |
| Clase | Oceanic |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | |
| Botado | 18 de xuño de 1872 |
| Viaxe inaugural | 24 de outubro de 1872 |
| Baixa | Setembro de 1897 |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 3865 t |
| Eslora | 133,3 metros |
| Propulsión | 1 hélice e catro mástis |
| Velocidade | 14 nós |
| Capacidade | 1166 pasaxeiros |
O SS Celtic foi un transatlántico construído para a White Star Line polos estaleiros Harland and Wolff no ano 1872. No ano 1893 foi vendido á empresa dinamarquesa Thingvalla Line e cambiouselle o nome polo de SS Amerika.
Historia [editar]
O Celtic foi o primeiro dos barcos da White Star Line en levar dito nome. Foi o segundo dos dous barcos da clase Oceanic, despois do SS Adriatic. Nun prinicipio supoñíase que o barco íase chamar Artic pero debido a que a American Collins Line tivera un barco con ese nome que afundira en 1854, a White Star Line decidíu ponerlle de nome Celtic.
No ano 1880, o oficial Edward Smith, quen máis tarde sería o capitán máis célebre da compañía e único capitán do RMS Titanic, uníuse a tripulación do Celtic como cuarto oficial.
O 19 de maio de 1887, arredor das 5.25 da tarde, o Celtic colisionou co SS Britannic nun campo de néboa a 560 km de Nova Jersey. O Celtic levaba a 870 pasaxeiros abordo, e o Britannic unhas 450. O Celtic precipitouse contra a proa do outro barco facendo unha brecha de 3 metros. [1] Máis adiante, o Celtic tivo outros dous percances con outros barcos.
No ano 1893 o Celtic foi vendido pola White Star á compañía dinamarquesa Thingvalla Line.
Notas [editar]
|
|||||||||||||