White Star Line

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da White Star Line.

A Oceanic Steam Navigation Company ou White Star Line of Boston Packets, máis coñecida como White Star Line, foi unha prominente compañía navieira británica, famosa hoxe en día por ser a propietaria do RMS Titanic, e do seu buque irmán o HMHS Britannic. En 1934 a compañía fusionouse coa súa rival, a Cunard Line, que operou de xeito independente ata 2005 e agora é parte de Carnival Corporation & PLC.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O Baltic.

A primeira compañía que levou o nome de White Star Line foi fundada en Liverpool, Inglaterra por John Pilkington e Henry Threlfall Wilson, e centrada no comercio entre o Reino Unido e Australia, o cal incrementou tras a descuberta de ouro en Australia. A frota orixinal consistiu dunha asociación de veleiros RMS Tayleur, o Blue Jacket (que sería renomeado White Star), o Red Jacket, o Ellen, o Ben Nevis, o Emma, o Mermaid e máis o Iowa. O primeiro barco de vapor, o Royal Standard foi mercado en 1863.

Orixinalmente a White Star Line xurdiu doutras dúas compañías máis pequenas, Black Ball e Eagle, que formaron a Liverpool, Melbourne and Oriental Steam Navigation Company Limited. Isto non prosperou e a White Star disolveuse. A White Star Line centrouse daquela na ruta Liverpool-Nova York. O banco da compañía quebrou en 1867. E a White Star foi forzada á bancarrota debido á debeda de 527.000 libras.

Clase Olympic[editar | editar a fonte]

Anuncio do Titanic, 1912.

A Cunard Line foi a principal competidora da White Star. En resposta a Cunard, a White Star ordena a construción da clase Olympic: o RMS Olympic, o RMS Titanic e máis o HMHS Britannic. Mentres que a Cunard foi famosa polos seus rápidos barcos, a clase Olympic contiña os barcos máis grandes e luxosos do mundo. O Britannic foi deseñado para ser máis grande có Titanic, e ser chamado Gigantic pero o seu nome foi cambiado pouco despois da catástrofe do Titanic. O Olympic foi o único barco da clase que foi rentable para a White Star. O Titanic afundiuse na súa primeira viaxe, mentres que o Britannic foi requisado polo goberno británico e foi empregado coma barco hospital. O Britannic afundiuse tras chocar cunha mina o 21 de novembro de 1916.

A White Star Line hoxe[editar | editar a fonte]

As oficinas da White Star Line en Londres, chamadas Oceanic House, aínda existen hoxe. Están moi preto de Trafalgar Square, e aínda se pode ver o nome do edificio na entrada.

O barco de pasaxeiros francés o SS Nomadic, último supervivente da White Star Line, foi adquirido para o Departamento de Desenvolvemento Social de Irlanda do Norte en xaneiro de 2006. Desde entón está en Belfast, onde está sendo anovado so a supervisión de Nomadic Preservation Trust e máis a axuda dos construtores orixinais, Harland and Wolff. Preténdese transformar na peza principal dun museo adicado á historia das viaxes atlánticas, á White Star Line, e o seu máis famoso barco, o RMS Titanic. Do mesmo xeito, a Cunard introduciu o Servizo White Star como nome da marca dos seus barcos o RMS Queen Mary 2, o MS Queen Victoria e o futuro MS Queen Elizabeth. A White Star Academy, é utilizada para preparar os membros da tripulación da Cunard Line.

A bandeira da White Star Line é izada no Queens cada 15 de abril, en memoria do desastre do Titanic.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]