SS Nomadic
| SS Nomadic | |
|---|---|
O SS Normandic no ano 2000 |
|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, |
| Tipo | Transbordador |
| Operador | |
| Posta en grella | 22 de decembro de 1910 |
| Botado | 25 de abril de 1911 |
| Asignado | 27 de maio de 1911 |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 1.273 t |
| Eslora | 67,2 m |
| Manga | 11,3 m |
| Cubertas | 4 |
| Propulsión | Dous motores de dobre expansión e dúas hélices de triple pá. |
| Potencia | 550 CV |
| Tripulación | 14 |
| Capacidade | 1014 persoas entre pasaxe e tripulación |
O SS Nomadic é un barco de vapor da White Star Line, construído no ano 1911 nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade de Belfast, Irlanda do Norte. Foi construído como transbordador para o RMS Olympic e o RMS Titanic. Foi deseñado por Thomas Andrews e é o único barco da frota da White Star que aínda está en servizo.
Índice |
Historia [editar]
A grella do Nomadic foi colocada nos estaleiros de Harland and Wolff en 1910, e foi botado o 25 de abril de 1911. Realizou as probas de mar o 16 de maio de 1911 e foi asignado a White Star Line o 27 de maio dese ano.
Xunto co seu irmán, o SS Traffic, o Nomadic foi empregado como transbordador para o Titanic e para o Olympic en Cherburgo, Francia. Foi equipado cun luxoso interior e foi polo tanto usado polos pasaxeiros de primeira e segunda clase, mentres que o Traffic servíu para os de terceira.
Durante a Primeira Guerra Mundial o Nomadic usouse para o transporte das tropas de Estados Unidos en Brest, Francia.
En 1927 foi vendido á Compagnie Cherbourgeoise de Transboerdement e despois, en 1934 á Société Cherbourgeoise de Remorquage et de Sauvetage (SCSR). Entón baixo o nome de Ingenieur Minard, servíu outra vez como barco de tropas na Segunda Guerra Mundial.
Ó rematar a guerra constinuou co transbordo de pasaxeiros a barcos da Cunard White Star, ata novembro de 1968, cando servíu ao RMS Queen Elizabeth por última vez.
No ano 1974 foi adquirido por Yvon Vincent, e convertíuno nun restaurante sobre o río Sena en París, onde permaneceu atracado e semiabandonado tras o peche do restaurante, ata que foi levado ao porto de El Havre no 2003 onde permaneceu ata o 2006.
Conservación do Nomadic [editar]
O 26 de xaneiro de 2006, o Nomadic foi adquirido polo Department of Social Development of Northern Ireland polo prezo de 171 320 £.
O concello de Belfast invertíu 7 millóns de libras esterlinas para a conservación e restauración do Nomadic.
O Belfast Industrial Heritage levou a cabo a campaña de financiación e a colaboración do 'White Star Memories' e outros apasionados pola preservación do Nomadic contribuíron na restauración do navío.
Situación actual [editar]
Tras o seu regreso a Belfast, o Nomadic foi amarrado no peirao de Queen xusto as aforas do centro Odyssey Arena de Belfast e aberto en exposición temporal. A finais do 2008, o barco foi pechado ao público e transladao ao porto de Barnett para o mantemento do interior. Esperase que entre pronto en dique seco para a súa completa restauración. [1]
En xaneiro do 2009, a empresa Frazer-Nash foi nomeada administradora do Plan de Xestión da Conservación. O nivel da restauración será decidido nun futuro próximo posto que está plantexado que a restauración completa do Nomadic sexa completada a tempo para o 100 aniversario do afundimento do RMS Titanic no ano 2012.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Historia do SS Nomadic (en inglés)
|
|||||||||||||