RMS Britannic (1929)
| RMS Britannic | |
|---|---|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | Cunard White Star (1934-1950) Cunard Line (1950-1960) |
| Botado | 6 de agosto de 1929 |
| Viaxe inaugural | 28 de xuño de 1930 |
| Baixa | 1960 |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 26,943 toneladas |
| Eslora | 217 metros |
| Manga | 25 metros |
| Velocidade | 18 nós |
| Capacidade | 1553 persoas |
O RMS Britannic (Royal Mail Ship Britannic) foi o terceiro transatlántico da White Star Line en levar dito nome. Foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade norirlandesa de Belfast. Botouse o 6 de agosto de 1929 e era case idéntico ó RMS Georgic. Contaba cun motor diesel e desprazaba unhas 26,943 toneladas. No momento en que foi botado, era o barco británico de motor máis grande xamais construido.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiras viaxes [editar]
O Britannic realizou a súa primeira viaxe na ruta Liverpool-Belfast-Glasgow-Nova York, o 28 de xuño de 1930. Polo xeral pasou os veráns na ruta do Atlántico Norte, mentres que nos veráns adicabase a ruta no Caribe. Estivo realizando este servizo ata que a White Star Line pasou a formar parte da Cunard White Star en 1934. No ano 1935, pasou a ruta Londres-Nova York na que estivo ata o comezo da Segunda Guerra Mundial.
Segunda Guerra Mundial [editar]
Durante a Guerra, o Britannic adicouse ao transporte de tropas, transportando uns 180,000 soldados durante toda a contenda. No ano 1948 voltou a ruta Londres-Nova York.
Servizo durante a posguerra [editar]
En 1950, a Cunard White Star pasou a ser coñecida como Cunard Line, deixando ó Britannic e o RMS Georgic como os únicos barcos en servizo da antiga White Star Line. Ambos os dous seguiron realizando as súas viaxes baixo a bandeira da desaparecida empresa durante o resto do seu servizo.
En xuño de 1950, o Britannic colidou co buque dos Estados Unidos, Pioneer Land.
A última viaxe [editar]
As últimas viaxes do Britannic realizaronse na ruta Liverpool-Nova York, sendo o último transatlántico con bandeira da White Star Line en realizala[1] en novembro de 1960. A derradeira saída de Nova York realizouna o 25 de novembro de 1960, e arribou a Liverpool o 2 de decembro. A última saída dun barco da White Star Line desde Liverpool foi realizada polo Britannic o 16 de decembro de 1960. Ese mesmo ano, o Britannic foi retirado do servizo debido a fallos nos motores.
Notas [editar]
- ↑ "RMS Britannic on White Star Line Archives 1931". Chriscunard.com. http://www.chriscunard.com/archives3.htm. Consultado o 2009-07-16.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "Britannic". Chris' Cunard Page. http://www.chriscunard.com/brittannic.php. Consultado o 16 February 2010.
- The Great Ocean Liners: RMS Britannic
- Britannic on White Star Line History Website
|
|||||||||||||