SS Majestic (1890)
| SS Majestic | |
|---|---|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, |
| Clase | Teutonic |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | |
| Porto de rexistro | Liverpool |
| Botado | 29 de xuño de 1890 |
| Viaxe inaugural | 2 de abril de 1890 |
| Baixa | 5 de maio de 1914 desguace |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 9,965 toneladas |
| Velocidade | Máxima: 20 nós |
| Capacidade | 1490 pasaxeiros |
O SS Majestic foi un transatlántico construído en 1890 e operado pola White Star Line. Xunto coa súa nave irmá, o SS Teutonic, foi un dos últimos barcos da White Star Line en recibir o Ribete Azul, o premio á travesía máis rápida do Atlántico Norte.
Traxectoria [editar]
Feito nos estaleiros de Harland and Wolff, de Belfast, o Majestic comezouse a construír en 1889. O barco pasou os seguintes nove meses en dique seco antes de ser entregado á White Star Line en marzo de 1890. A White Star Line solicitara fondos para a súa construción e a do seu xemelgo o SS Teutonic ó goberno británico, proposta que foi aceptada coa condición de que a Royal Navy dispuxera dos dous barcos en tempos de guerra.
O 2 de abril de 1890, o Majestic partiu na súa primeira viaxe entre Liverpool e Nova York. Esta primeira viaxe, realizada en seis días de dez horas, foi o motivo polo cal recibiu o Ribete Azul á nave máis rápida en cruzar o Atlántico. Mérito que mantivo só dúas semanas, cando o seu irmán retiroullo.
En 1895, un novo capitán é asignado ao Majestic. Este é Edward John Smith, quen máis tarde fora capitán do RMS Titanic.
O Majestic retirouse en 1911 quedando na Reserva Birkenhead Bidston. Cando o Titanic afundiu o 15 de abril de 1912, o Majestic volveu a entrar en servizo para cubrir o baleiro.
En 1914 foi vendido por 26.700 libras á empresa Thomas Ward de Morecambe.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||