Thomas Andrews (construtor naval)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Andrews

Thomas Andrews Jr., nado o 7 de febreiro de 1873, finado o 15 de abril de 1912, foi un deseñador e construtor de barcos irlandés-británico.

Traxectoria [editar]

Foi o director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff en Belfast, Irlanda do Norte. Andrews foi o encargado do plantexamento e da construción do famoso trasatlántico RMS Titanic, ademais dos seus dous irmáns, propiedade da compañía White Star Line: o RMS Olympic e o HMHS Britannic. Viaxaba a bordo do Titanic durante a viaxe inaugural cando chocou contra un iceberg o 14 de abril e foi unha das 1.517 persoas que perderon a vida no naufraxio.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: