Gran Premio de Marrocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Marrocos (en árabe: المغربي سباق الجائزة الكبرى‎) foi un Gran Premio de automobilismo iniciado en 1925 en Casablanca, Marrocos coa denominación oficial de "Gran Premio de Casablanca".

En 1930 a carreira celebrouse no novo Circuíto de Anfa Cobrouse a vida do piloto conde Bruno d'Harcourt durante unha sesión de práctica. Todos os gañadores, de automóbiles de turismo, eran francéses ou de Mónaco.

Non houbo carreira en 1933, nin entre os anos 1935 e 1953. Cando volveu en 1954, levouse a cabo nun circuíto para automóbiles deportivos na cidade de Agadir, e o dominio francés viuse interrompido por un piloto italiano, Giuseppe Farina.

Un novo deseño en Ain-Diab preto de Casablanca, foi preparado para o Gran Premio de Marrocos de 1957 de Fórmula Un unha carreira que, aínda que non contaba para o Campionato Mundial, atraeu aos mellores pilotos de clase mundial do momento.

Ao ano seguinte, a carreira foi declarada oficial e levouse a cabo o 19 de outubro de 1958. A carreira viuse lixada pola morte de Stuart Lewis-Evans (o segundo na carreira de 1957) que morreu nun hospital de Londres a causa das queimaduras, seis días logo de estrelarse no poeirento circuíto. O seu Vanwall gripou o motor (posiblemente por mor do po) e mandouno dando tombos ás barreiras a alta velocidade, prendendo o seu coche en chamas. Este foi o último Gran Premio organizado en Marrocos.

Gañadores do Gran Premio de Gran Marrocos[editar | editar a fonte]

O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Categoría Circuíto Resultados
1958 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Vanwall Fórmula 1 Ain-Diab Resultados
1957 Francia Jean Behra Maserati Fórmula 1 Ain-Diab Resultados
1956 Francia Maurice Trintignant Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1955 Francia Mike Sparken Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1954 Italia Giuseppe Farina Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados
1953
-
1935
Non celebrado
1934 Flag of Monaco.svg Louis Chiron Alfa Romeo Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1933 Non celebrado
1932 Francia Marcel Lehoux Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1931 Polonia Stanisław Czaykowski Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1930 Francia Charles Bénitah Amilcar Automóbiles de turismo Anfa Resultados
1929 Non celebrado
1928 Francia E. Meyer Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1927 Francia G. Roll Georges Irat Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1926 Francia R. Meyerl Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados
1925 Francia Comte de Vaugelas Delage Automóbil de turismo Casablanca Resultados