Circuíto de Ain-Diab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema do circuíto

O Circuíto de Ain-Diab foi un circuíto de carreiras de Fórmula 1 construído en 1957, ao sueste de Ain-Diab en Marrocos, que usaba a estrada costeira existente e o camiño principal que une Casablanca e Azamor.

O trazado de 7.618 km foi deseñado polo Real Club de Automóbiles de Marrocos e recibiu a plena aprobación do sultán Mohammed V. A súa construción demorou seis semanas. O 19 de outubro de 1958 foi a sede do Gran Premio de Marrocos de 1958, carreira final na tempada de 1958 de Fórmula 1, e que foi gañada por Stirling Moss a bordo dun Vanwall, completando as 53 voltas en 2h 09m 15.1s.

Houbo un terrible accidente durante a carreira, cando o motor do Vanwall de Stuart Lewis-Evans explotou, o que fixo que o auto envorcásese e chocase. O piloto sufriu graves queimaduras, morrendo nun hospital de Inglaterra seis días despois.

[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Ain-Diab

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1958 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Vanwall 2:09:15.1 h 7´618 km 53 187´427 km/h 19. Outubro Flag of Turkey.svg Marrocos
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas