Emirato de Abu Zabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emirato de Abu Dabi")
Abu Dhabi from Space-ISS006-E-32079-March 2003.JPG
AbuDhabi02.JPG

Abu Zabi[1][2][3] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é o maior dos sete emiratos integrados nos Emiratos Árabes Unidos, Zayed bin Sultan Al Nahayan é o emir actual e Presidente dos Emiratos. O emirato ocupa 67.350 km², o que representa o 87% do total dos Emiratos e no ano 2000 tiña 928.300 habitantes, dos que o 80% son estranxeiros. A capital é Abu Zabi.

Os primeiros habitantes coñecidos da zona asentáronse arredor do 3.000 a.C. na illa de Umm an-Nar. Os Bani Yas instaláronse en Abu Zabi no 1793. En 1833 separouse de Dubai. En 1958 atopouse o primeiro pozo petroleiro, e dende entón o petróleo é a base da economía do emirato, hoxe o emirato posúe o 5% das reservas de gas natural e o 10% do petróleo. En 1971 integrouse nos Emiratos Árabes Unidos.

Dividido administrativamente en tres rexións: a cidade de Abu Dabi, a rexión oriental con capital en Al Ain e a rexión occidental con capital en Bida Zayed.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 107. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.