Furafollas grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Furafollas grande
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Soricinae
Xénero: Sorex
Subxénero: Sorex (Sorex)
Especie: S. coronatus
Nome binomial
Sorex (Sorex) coronatus
Millet, 1828
Distribución de Sorex coronatus.
Distribución de Sorex coronatus.

Distribución de Sorex coronatus.
Sinonimia
  • euronotus, Miller, 1901
  • fretalis, Miller, 1909
  • gemellus, Stepanek, 1968
  • personatus, Millet, 1828
  • santonus, Mottaz, 1906

O furafollas grande[2] (Sorex coronatus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Características[editar | editar a fonte]

O furafollas grande presenta un aspecto corporal semellante ao da Sorex araneus, mais con dimensións lixeiramente menores. Aínda que o pelame amosa unha notable variación xeográfica, xeralmente é tricolor, co lombo pardo escuro, os francos máis claros e o ventre pardo agrisado.

Distribución[editar | editar a fonte]

Ocupa o suroeste de Europa, dende o norte de España até o curso do río Elba, en Alemaña e o extremo occidental de Austria. Tamén está presente na illa de Xersei (Reino Unido). A súa distribución ibérica comprende a franxa setentrional, dende o extremo oriental de Galicia até o noroeste do Pireneo catalán e norte do Sistema Ibérico.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie de requirimentos basicamente atlánticos. Ocupa unha gran variedade de hábitat, aínda que require chans húmidos con boa cobertura vexetal, coma os bosques caducifolios, mixtos e de coníferas, así como prados alpinos, subalpinos e atlánticos. Na Península Ibérica a súa distribución abrangue dende o nivel do mar até os 2.200 metros. É probable que, como acontece en Centroeuropa, nas zonas que coexiste co Sorex araneus, a súa presenza fica confinada a zonas de menor altitude, debido á existencia dunha exclusión mutua entre ambas as especies.

Depredación[editar | editar a fonte]

Polos seus hábitos crepusculares e nocturnos é unha especie depredada principalmente por rapaces nocturnas, como a curuxa (Tyto alba), o bufo real (Bubo bubo) e o bufo pequeno (Asio otus), e por certos mamíferos carnívoros, como o armiño (Mustela erminia), o tourón (Mustela putorius).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meinig, H. & Aulagnier, S. (2016). "Sorex coronatus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T29663A2792030. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T29663A2792030.en. Consultado o 15 de decembro de 2019. 
  2. Atlas de vertebrados de Galicia. Santiago, Sociedade Galega de Historia Natural-Consello da Cultura Galega, 1995

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]