Friedrich Gottlieb Klopstock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friedrich Gottlieb Klopstock.

Friedrich Gottlieb Klopstock, nado en Quedlinburg o 2 de xullo de 1724 e finado en Hamburgo o 14 de marzo de 1803, foi un poeta alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antigo alumno da escola de Schulpforta, estudou teoloxía nas universidades de Jena e Leipzig. Discípulo de Johann Jakob Bodmer e da escola suíza, descubriu con entusiasmo a obra de John Milton. Consagrouse coas súas primeiras odas (An Meine Freund, 1747). En 1748 decidiu escribir unha epopea relixiosa chamada Messias, a cal se dedicou durante vinte anos. Con esta obra en vinte cantos, converteuse no poeta máis admirado das novas xeracións.

Dedicouse tamén ao teatro. Escribiu inicialmente traxedias: A morte de Adán (1757) e Salomón (1763). No entanto, destacouse co teatro patriótico, representado pola triloxía centralizada no personaxe Hermann, heroe da resistencia da vella Xermania aos romanos.

Mais pasou grande parte da súa vida en Dinamarca, onde recibía unha pensión do rei Federico V, fon un dos precursores do movemento nacional na Alemaña. Saudou con estusiasmo as revolucións americana e francesa. Por iso, cando a República Francesa quixo facelo cidadán honorario, Klopstock recusou en sinal de protesta contra os excesos da revolución en Francia. Contribuíu nos campos da filoloxía e da historia da literatura.