Sturm und Drang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sturm und Drang (que podería traducirse por "tormenta e impulso" ou "tormenta e ansia") é o nome usado para designar un movemento literario e musical alemán, que se desenvolveu dende finais da década de 1760 ata os primeiros anos da década de 1780. O movemento poñía a énfase na subxectividade individual e na libre expresión de estados emocionais extremos, en resposta ós límites impostos polos ilustrados alemáns (Aufklärung) e os movementos estéticos asociados a este. O filósofo Johann Georg Hamann é considerado o ideólogo da movemento, que tivo a Johann Wolfgang von Goethe como un dos seus representantes senlleiros, por ben que tanto el como Friedrich Schiller acabaron por separarse del, iniciando o que sería chamado clasicismo de Weimar. O movemento, que toma o seu nome da bra dramática do mesmo título de Friedrich Maximilian Klinger, pode ser clasificado dentro das correntes prerrománticas europeas.

A literatura do Aufklärung[editar | editar a fonte]

Na segunda metade do século 18 a vida literaria e filosófica nos territorios de lingua alemá estivo marcada polas correntes da Ilustración (Aufklärung na terminoloxía alemá). A definición de Immanuel Kant "saída .do home da minoría de idade causada por el mesmo" era a máxima vital que definía os obxectivos a acadar. A literatura debía servir para a educación moral do lector e para espertar nel o sentido común. Para acadar estas metas, a literatura estaba suxeita a unhas regras que deixaban pouca marxe para a creación individual.. As unidades clásicas de lugar, tempo e acción, un nivel de linguaxe elevado e a separación ríxida do nobre e o burgués mos seus correlatos de traxedia e comedia eran os postulados básicos, que se ensinaban nas academias literarias da época.

Os comezos[editar | editar a fonte]

A obra de Gotthold Ephraim Lessing Minna, de 1767 amosaba xa que os límites impostos polo regulamento citado, eran demasiado estreitos para a expresión dunha literatura de crítica social axeitada á situación do tempo (tendo en conta que a educación política era unha das facetas do Aufklärung). A reacción contra os postulados estritos do Aufklärung puxo os alicerces para a superación do predominio da Razón na literatura, e desatou un desbordamento do sentimentalismo, da fantasía e das forzas da paixón como novos valores literarios fundamentais.

O movemento renovador que atravesou a literatura en lingua alemá, estaba marcado, dentro do seu caracter predominantemente novo e burgués, por un alto nivel de idealismo: 'grandeza do corazón e liberdade do sentimentos, inspiración e instinto, emoción no canto de razón A rebelión da xuventude tiña un equivalente literario,. E unha nova xeración de escritores atopou nas teses de Johann Gottfried Herder o eco dos seus sentimentos e as súas experiencias. Herder, convertido en precursor do Sturm und Drang, criticou a arrogancia do Aufklärung perante as xentes simples e esixiu que as cancións e poemas populares foran recoñecidas como arte. Tamén o Ugolino (1768) de Heinrich Wilhelm von Gerstenberg pode ser incluído na primeira fase do Sturm und Drang, malia que se cadra era Herder o único en sospeitar algo dos auténticos obxectivos do autor.

Características[editar | editar a fonte]

Os ideais das novas xeracións de autores na literatura alemá do século 18 que acababa, volvéronse contra a tradición e a autoridade. Fronte ás regras poéticas aprendidas das academias, os xoves salvaxes contrapoñían a independencia do xenio orixinal, que vertía as súas experiencias nunha forma artística propia, afastada das regras clásicas, que eran consideradas unha renuncia as propias capacidades e á forza do xenio orixinal. As regras eran muletas para enfermos que non eran precisas para os xenio san dos autores novos. A escrita non debía cinguirse a unha forma, senón que debía ser axeitada ó mundo tal como o vían os membros da xeración do Sturm und Drang; un reflexo da enerxía. da súa xuventude.

Un novo xeito de relación coa natureza, que buscaba a compenetración con ela uníase co sentimento tráxico da comprensión do xenio. Os sentimentos, o propio Eu, transformáronse en suxeitos da observación literaria. A cita de Herder "A voz do corazón é decisiva para a decisión sensata" amosa a protesta contra os principios morais dominantes na época, que facían depender as decisións da moral establecida e non do corazón. Neste pensamento está implícita a crítica ó sistema feudal, contra o que tamén pretendía superar o Aufklärung. Á razón coma valor máximo, o Sturm und Drang opón, pois, o sentimento.

O tipo de obra máis característica na época do movemento foi o drama. O tema recorrente nos traballos da xeración é o dilema e o conflito dos xoves rebeldes que aspiran a liberdade cos atrancos da orde establecida. O teatro de Shakespeare converteuse no modelo a seguir, no canto do dos clásicos gregos e latinos.

Os autores perderon o temor a levaren ós escenarios á linguaxe popular e da mocidade. O enfrontamento dos escritores coa cultura cortesana ó estilo francés e a simpatía por temas coma a natureza, o corazón e o pobo chamaron poderosamente a atención dos seus contemporáneos. O Sturm und Drang deu lugar o nacemento dunha cultura xuvenil na literatura.

Algúns críticos consideran que o descoido das técnicas e das unidades dramáticas nas obras do Sturm und Drang, con seus cambios frecuentes (e por veces excesivos) de escenario, provocan con frecuencia a perda de forza dramática e dificultan mesmo a representación. A linguaxe exaltada, desenfreada, e chea de forza dramática e expresiva, está chea de exclamacións e expresións forzadas e por veces achégase a un populismo vulgar.

Autores e obras[editar | editar a fonte]

Os autores asociados co Sturm und Drang procedían en xeral da pequena e mediana burguesìas. As dificultades para gañar a vida como escritores profesionais obrigáronos a busca-lo sustento material traballando como profesores particulares ou procurando postos eclesiásticos. Falto de resonancia social, se exceptuamos a novela Die Leiden des jungen Werthers de Goethe, o movemento ficou restrinxido á valoración de grupos reducidos, unidos en pequenas asociacións, coma o Göttinger Hain). O movemento centrouse sobre todo en Estrasburgo, Gotinga e Frankfurt. Para moitos autores, sobre todo Goethe e Schiller, o Sturm und Drang non goi máis cá unha fase da súa carreira literaria. Moitos autores e obras foron coñecidos no seu tempo só por un público interesado e hoxe están esquecidos.

Algúns autores e obras destacadas correspondentes ó movemento:

Johann Wolfgang von Goethe[editar | editar a fonte]

(1749-1832)

  • Zum Shakespeares-Tag (discurso) 1771
  • Sesenheimer Lieder 1770/71
  • Prometheus (Balada) 1772-1774
  • Oda Ganymed 1774
  • Götz von Berlichingen (Drama) 1773
  • Clavigo 1774
  • Die Leiden des jungen Werthers (As mágoas do mozo Werther) (novela) 1774
  • Mahomets Gesang 1774
  • Adler und Taube 1774
  • An Schwager Kronos 1774
  • Gedichte der Straßburger und Frankfurter Zeit 1775
  • Stella. Ein Schauspiel für Liebende 1776
  • Die Geschwister 1776
  • Erlkönig (Balada) 1782
  • Willkommen und Abschied (Benvida e despedida) (Poema amoroso)
  • Gedichte sind gemalte Fensterscheiben

Friedrich Schiller[editar | editar a fonte]

(1759-1805)

  • Die Räuber 1781 (Drama)
  • Die Verschwörung des Fiesko zu Genua 1783
  • Kabale und Liebe 1784 (Drama)
  • An die Freude 1785

Jakob Michael Reinhold Lenz[editar | editar a fonte]

(1751-1792)

  • Anmerkung über das Theater nebst angehängtem übersetzten Stück Shakespeares 1774
  • Der Hofmeister oder Vorteile der Privaterziehung 1774 (Drama)
  • Lustspiele nach dem Plautus fürs deutsche Theater 1774
  • Die Soldaten 1776 (Drama)

Friedrich Maximilian Klinger[editar | editar a fonte]

(1752-1831)

  • Das leidende Weib 1775
  • Sturm und Drang 1776 (Drama)
  • Die Zwillinge 1776 (Drama)
  • Simsone Grisaldo 1776
  • Das letzte Gebet 1777

Gottfried August Bürger[editar | editar a fonte]

(1747-1794)

  • Lenore 1773
  • Gedichte 1778
  • Der Bauer an seinen durchlauchtigen Tyrannen, 1774
  • Wunderbare Reisen zu Wasser und zu Lande, Feldzüge und lustige Abenteuer des Freiherren von Münchhausen 1786

Heinrich Wilhelm von Gerstenberg[editar | editar a fonte]

(1737-1823)

  • Gedichte eines Skalden 1766
  • Briefe über Merkwürdigkeiten der Literatur 1766/67
  • Ugolino 1768

Johann Georg Hamann[editar | editar a fonte]

(1730-1788)

  • Sokratische Denkwürdigkeiten für die lange Weile des Publikums zusammengetragen von einem Liebhaber der langen Weile 1759
  • Kreuzzüge des Philologen 1762

Johann Jakob Wilhelm Heinse[editar | editar a fonte]

(1746-1803)

  • Ardinghello und die glückseligen Inseln 1787

Johann Gottfried Herder[editar | editar a fonte]

(1744-1803)

  • Fragmente über die neuere deutsche Literatur 1767/68
  • Kritische Wälder oder Betrachtungen, die Wissenschaft und Kunst des Schönen betreffend, nach Maßgabe neuerer Schriften 1769
  • Journal meiner Reise im Jahre 1769 1769
  • Abhandlung über den Ursprung der Sprache 1770
  • Von deutscher Art und Kunst, einige fliegende Blätter 1773
  • Volkslieder 1778/79
  • Vom Geist der Hebräischen Poesie 1782/83
  • Ideen zur Philosophie der Geschichte der Menschheit 1784/91