Perempuan Tanah Jahanam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Perempuan Tanah Jahanam
Ficha técnica
Título orixinalPerempuan Tanah Jahanam
DirectorJoko Anwar
ProdutorShanty Harmayn
Tia Hasibuan
Aoura Lovenson Chandra
Ben Soebiakto
GuiónJoko Anwar
Intérpretes
MúsicaBemby Gusti
Tony Merle
Aghi Narottama
FotografíaIcal Tanjung
MontaxeDinda Amanda
EstudioRapi Films
Base Entertainment
CJ Entertainment
Ivanhoe Pictures
DistribuidoraShudder Originals
Estrea17 de outubro de 2019
Duración107 minutos
Orixe Indonesia
XéneroTerror
Recadación71,8 billóns de Rp[1]
(5,13 millóns de dólares)
Na rede
IMDB: tt9000302 Rottentomatoes: m/impetigore Editar o valor em Wikidata

Perempuan Tanah Jahanam é un filme indonesio de terror de 2019 escrito e dirixido por Joko Anwar. Está protagonizado por Tara Basro, Marissa Anita, Christine Hakim, Asmara Abigail e Ario Bayu. Perempuan Tanah Jahanam estreouse en Indonesia o 17 de outubro de 2019.[2] Foi proxectado no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2020,[3] e nos Estados Unidos a través de Shudder o 23 de xullo de 2020.[4]

Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Maya e Dini son amigas e traballan na peaxe da autoestrada. Unha noite, Maya é atacada no traballo por un home cun golok. O seu atacante di que é da aldea de Harjosari e chama a Maya por outro nome, Rahayu.

Seguindo a inscrición dunha antiga foto que mostra a Maya de nena cunha parella diante dunha gran casa, Maya e Dini viaxan á remota Harjosari para buscar a casa coa esperanza de vendela. En Harjosari atopan aldeáns fríos e suspicaces.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Data Penonton 2019" [Moviegoers Data in 2019]. FilmIndonesia.or.id (en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  2. "Teaser poster for Joko Anwar's 'Perempuan Tanah Jahanam' released". The Jakarta Post. 6 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  3. "2020 Sundance Film Festival Schedule of Sunday, Jan. 26". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  4. "Indonesian Horror Movie ‘Impetigore’ Debuts on Shudder This Week". 21 de xullo de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  5. Hayati, Istiqomatul (10 de novembro de 2020). "Indonesia Resmi Ajukan Perempuan Tanah Jahanam dalam Penilaian Oscar". Tempo.co. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]