Felis silvestris cafra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felis silvestris cafra

Felis silvestris cafra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Felis
Especie: Felis silvestris
Subespecie: F. silvestris cafra
Desmarest, 1822
Sinonimia
Véxase o texto
Felis silvestris cafra

Felis silvestris cafra, coñecido na bibliografía internacional como gato montés da África austral, ou gato salvaxe da África austral, é unha subespecie de Felis silvestris propia da África austral.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subespecie foi descrita en 1822 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo cafra procede da cafraría, vasta rexión da África do Sur habitada polos cafres,[2][3] Literalmente, "propio da cafraría".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome válido actualmente, a subespecie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • F. s. caffra A. Smith, 1826
  • F. s. caligata Temminck, 1824
  • F. s. obscura Anderson & de Winton, 1902
  • F. s. namaquana Thomas, 1926
  • F. s. rusticana Thomas, 1928

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Encóntrase na África austral.[4]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

As evidencias fósiles de felinos son bastante escasas. A base da liña do gato salvaxe (Felis silvestris) é probabelmente Felis lunensis, cuxos fósiles se atoparon no Villafranquiense (piso de transición entre o Plioceno e o Cuaternario nun depósito na Toscana. Descubríronse formas intermedias entre Felis lunensis e Felis silvestris nos depósitos do Plistoceno, especialmente no depósito de Petralona, en Grecia.[5]

Numerosas obras consideran hoxe o gato montés como unha especie politípica, que engloba varias subespecies: Felis silvestris silvestris, Felis silvestris cafra, Felis silvestris ornata, Felis silvestris bieti,[6] Felis silvestris lybica e o gato doméstico (Felis silvestris catus).[5][7]

Traballos realizados sobre o ADN en 2006 e 2007, sobre os cromosomas sexuais, e do ADN mitocondrial de todas as especies de felinos, combinados coa investigación paleontolóxica, revelaron que os felinos se dividiron en oito liñas distintas. A liña do gato doméstico é a última liña que diverxeu, hai aproximadamente 3,4 Ma, no Plioceno, nos desertos e bosques densos da cunca mediterránea.[8]

Árbore filoxenética do gato montés[editar | editar a fonte]

A árbore filoxenética do gato montés (Felis silvestris), segundo as investigacións xenéticas publicadas en 2007, é a seguinte.[7]

   Felis silvestris   

F. s. silvestris

F. s. cafra

F. s. ornata

F. s. bieti[9]

F. s. lybica

F. s. catus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Felis silvestris cafra Desmarest, 1822 en Wilson D. E. & Reeder, D. M., eds (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. cafre no Dicionario da RAG
  3. cafre, caffre no Trésor de la Langue Française informatisé.
  4. www.nic.funet.fi Felis silvestris Schreber, 1777 (en inglés).
  5. 5,0 5,1 Patrice Raydelet (2009): Le chat forestier. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-6030-1597-1.
  6. Hoxe en día considerado como especie independente, Felis bieti.
  7. 7,0 7,1 Carlos A. Driscoll, Marilyn Menotti-Raymond, Alfred L. Roca, Karsten Hupe, Warren E. Johnson, Eli Geffen, Eric H. Harley, Miguel Delibes de Castro, Dominique Pontier, Andrew C. Kitchener, Nobuyuki Yamaguchi, Stephen J. O'Brien & David W. Macdonald (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science 317 (5837): 519-523.
  8. Stephen O'Brien & Warren Johnson (2008): "L'évolution des chats", Pour la science 366, baseado en W. Johnson et al. (2006): "The late Miocene radiation of modern felidae: a genetic assessment", Science 311, e en C. Driscoll et al. (2007): "The near eastern origin of cat domestication", Science 317.
  9. Para moitos autores, unha especie inpendent, Felis bieti.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]