Felis silvestris lybica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felis silvestris lybica
AfricanWildCat.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: 'Felis'
Especie: 'F. silvestris'
Subespecie: F. s. lybica
Nome trinomial
Felis silvestris lybica
(Forster), 1780

Felis silvestris lybica é unha subespecie de gato bravo que vive no norte de África, Península Arábiga e Oriente Medio, que segundo as evidencias xenéticas, morfolóxicas e arqueolóxicas podería ser a orixe do gato doméstico, que foi desbravado hai 9-10.000 anos na rexión do Crecente Fértil do Oriente Medio, coincidindo co desenvolvemento da agricultura e a necesidade de protección contra os roedores que se alimentaban do gran[1]. A cor da súa pelaxe vai do marrón area ao gris esbrancuxado, con listas negras no rabo e pelo máis curto ca subespecie europea, sendo tamén máis pequeno, mide de 45 a 75 cm de longo, o seu rabo de 20 a 38 cm e pesa entre 3 e 6.5 kg.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Driscoll, C. A., Menotti-Raymond, M., Roca, A. L. Hupe, K., Johnson, W. E., Geffen, E., Harley, E. H., Delibes, M., Pontier, D., Kitchener, A. C., Yamaguchi, N., O’Brien, S. J., Macdonald, D. W. (2007). "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519–523