Eleccións municipais en Pontevedra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corporacións democráticas en Pontevedra desde a aprobación da constitución española de 1978.
| Eleccións | PPdeG | BNG | PSdeG-PSOE | IG | UCD | CDS | PU | CNG | AP | Alcalde * | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1979 | José Rivas Fontán (UCD) | |||||||||||||||
| 1983 | 8 | 17 | José Rivas Fontán (AP) | |||||||||||||
| 1987 | 1 | 6 | 10 | 2 | 6 | José Rivas Fontán (IG) | ||||||||||
| 1991 | 12 | 4 | 6 | 3 | Francisco Javier Cobián Salgado (PPdeG) | |||||||||||
| 1995 | 11 | 7 | 5 | 2 | Juan Luis Pedrosa (PPdeG) | |||||||||||
| 1999 | 10 | 10 | 5 | Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) | ||||||||||||
| 2003 | 10 | 10 | 5 | Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) | ||||||||||||
| 2007 | 12 | 7 | 6 | Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) | ||||||||||||
| 2011 | 11 | 11 | 3 | Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) | ||||||||||||
| * No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación. | ||||||||||||||||

- 1971 Alcalde: Joaquín Queizán Taboada
- 1979 Alcalde: José Rivas Fontán - UCD
- 1983 Alcalde: José Rivas Fontán - CP
- 1987 Alcalde: José Rivas Fontán - IG. Rivas Fontán gañou no 1987 cos 10 escanos da súa IG e os 6 escanos de AP. Os socialistas tiveron 6 representantes, 2 concellos para a CDS e unha bancada tivo o BNG.
- 1991 Alcalde: Francisco Javier Cobián Salgado - PPdG. A corporación municipal de 1991 tiña á cabeza ó PPdeG (12 escanos) seguido dos socialistas con 6 concelleiros, os do BNG quedaron nos 4 asentos e CNG conseguiu 3 representantes.
- 1995 Alcalde: Juan Luis Pedrosa - PPdG
Miguel Anxo Fernández Lores en 2010
- 1999 Alcalde: Miguel Anxo Fernández Lores - BNG. O PPdeG (liderado por Teresa Pedrosa) e o BNG obtiveron 10 escanos, por 5 do PSdeG (liderado por Roberto Taboada).

- 2003 Alcalde: Miguel Anxo Fernández Lores - BNG. Como catro anos antes, o PPdeG e o BNG obtiveron 10 escanos por 5 do PSdeG, pero desta volta o BNG foi a forza máis votada.

- 2007 Alcalde: Miguel Anxo Fernández Lores - BNG. A corporación municipal de Pontevedra de 2007 a 2011 está composta por 12 concellarías do PPdeG, 7 do BNG e 6 do PSdeG-PSOE. Os grupos políticos están encabezados por Telmo Martín, Miguel Anxo Fernández Lores e Teresa Casal, respectivamente. O alcalde é Miguel Anxo Fernández Lores.

- 2011 Alcalde: Miguel Anxo Fernández Lores - BNG. O PP e o BNG acadaron 11 concellarías respectivamente, por 3 do PSdeG (liderado por Antón Louro).
