Unificación Comunista de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unificación Comunista de España (UCE) é un partido político español de ideoloxía marxista que foi fundado en 1973 e legalizado en 1978.

Historia[editar | editar a fonte]

Unificación Comunista de España ten a súa orixe en 1968 en Tribuna Obrera, unha organización política de liña maoísta. Tribuna Obrera naceu no marco da loita contra a ditadura franquista, dentro da vaga revolucionaria dos anos sesenta, as loitas de liberación no Terceiro Mundo e o espírito da Revolución Cultural chinesa, e na crítica e a denuncia do que cualificaba como socialfascismo, socialimperialismo e revisionismo soviéticos. Este marco determinará a súa acción política futura.

En 1973 fórmase como tal Unificación Comunista (UC). En 1974, durante un breve período de tempo (6 meses) fusiónase co Movimiento Comunista de España. Ese mesmo ano muda o seu nome polo de Unificación Comunista de España. En 1977 membros de Unificación Comunista de España concorren ás eleccións xerais con Frente Democrático de Izquierdas.

En 1978 foi legalizada, e ao ano seguinte celebrouse o primeiro congreso do partido. Durante a intervención soviética en Afganistán pronúnciase en contra da guerra e oponse á toma de posicións da URSS en Angola, Mozambique, o Corno de África, Asia, Oriente Medio e Centroamérica.

En marzo de 1981, tras o intento golpista de Tejero, UCE lanza a Campaña "No al fascismo. No a la Otan".[1] En agosto de ese mesmo ano inicia a recollida de sinaturas a favor dun referendo coa consigna "Otan No. Referéndum sí".[2]

En 1986 pediu o non no referendo sobre a permanencia de España na OTAN. En 1988 participou na convocatoria da folga xeral do 14 de decembro. Nas eleccións xerais de 1989, 1993, 1996 e 2000[3] pediu o voto para Izquierda Unida.

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2006 pediu o voto para Ciutadans-Partido de la Ciudadanía.[4]

Liña ideolóxica e política[editar | editar a fonte]

Unificación Comunista de España defínese como un partido de clase, proletario, guiado pola ideoloxía marxista-leninista-pensamento Mao Tse-Tung. As súas metas finais son acabar coa explotación do home polo home e establecer unha ditadura do proletariado.

No terreo político, Unificación Comunista de España fai unha análise da situación mundial e da sociedade española do que resulta que España é un país relativamente feble dentro da cadea imperialista, motivo que leva á súa clase dominante a aliarse e depender dos Estados Unidos e, máis recentemente, de Alemaña como cabeza da Unión Europea. Segundo UCE, o proxecto estadounidense contempla a inxerencia económica e militar nos estados, mentres que o proxecto alemán pasa por fomentar as correntes nacionalistas co fin de debilitar aos estados e exercer un maior control sobre eles.

Algúns elementos significativos da súa liña ideolóxica e política son os seguintes:

UCE opúxose ao modelo de transición, ao que acusaba de ter sido imposto polos Estados Unidos e a oligarquía española.

Denunciou en 1979 a invasión de Afganistán por parte da Unión Soviética, convocando unha concentración ante a embaixada soviética en Madrid ao día seguinte de que entraran as tropas soviéticas.

A loita contra a OTAN e a intervención estadounidense en España marcou durante seis anos a política do partido, baixo a consigna "OTAN no, Referéndum si. Ni yanquis, ni rusos". En 1980, cando o ministro Marcelino Oreja manifestou que "España debe fijar día y hora para su ingreso en la OTAN", UCE emprendeu en solitario a campaña contra a integración na OTAN. Durante eses seis anos, UCE recolleu máis de 1.300.000 sinaturas esixindo o referendo,[Cómpre referencia] denunciou o golpe do 23-F, no que viu implicación estadounidense, e cualificou de "trampas e chantaxes" a postura do goberno de Felipe González en relación á OTAN.

Na loita contra a permanencia das bases estadounidenses en España, UCE publicou o primeiro manifesto[5] asinado por máis dun milleiro de intelectuais, profesionais, escritores e artistas, dende Julio Caro Baroja e Carmen Martín Gaite, a Fernando Fernán Gómez ou Antonio Banderas, deportistas como Andoni Zubizarreta ou Juan Manuel López Iturriaga, e periodistas como Maruja Torres e Ángel Fernández Santos.

Contra o denominado "eixo franco-alemán", dende a entrada de España na Comunidade Económica Europea, UCE ten denunciando a "reconversión" do país en función dos intereses de Alemaña e Francia.

Participou na convocatoria da folga xeral do 14 de decembro de 1988, ou a convocada contra o chamado "decretazo".

Manifestouse en contra da Guerra do Golfo, en 1990, e da guerra de Iugoslavia. En 2001, inmediatamente despois do 11-S, denunciou a política de "ditadura terrorista mundial" de Estados Unidos.

Tras o asasinato de Miguel Ángel Blanco, UCE acusou de "nazi-fascistas" aos dirixentes, a liña e o réxime políticos impostos polo "nacionalismo étnico" no País Vasco.[6]

Nas eleccións xerais do 2008 apoiou a Unión Progreso y Democracia (en Madrid) e a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (en Barcelona), cualificándoos como votos útiles.[7][8]

Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo do 2009 e publica un novo manifesto co seu programa electoral, moi centrado na crise do 2008. Nel propón regular uns mínimos e máximos salariais, establecer un sistema fiscal progresivo con gravames de entre o 0 % e o 90 % e conceder axudas a empresas pequenas e familias a través do ICO.[9]

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Unificación Comunista de España presentouse en distintas convocatorias electorais durante a década de 1980, cuns resultados que oscilaron entre os 20.000 e os 50.000 votos. Nas primeiras eleccións nas que presentou listas -ao Congreso dos Deputados en 1979- fíxoo en coalición coa Organización Comunista de España, Bandeira vermella. En ningunha ocasión acadou representación parlamentaria nin institucional.

Eleccións e data
Votos
%
Eleccións Xerais 1979 en EspañaEleccións xerais 1979 en España]]
(En coalición coa Organización Comunista de España, Bandeira vermella)
47.937 0,27
Eleccións xerais 1982 en España 24.044 0,11
Eleccións Xerais 1986 en España 42.451 0,21
Eleccións ao Parlamento Europeo 1987 21.482 0,11
Eleccións municipais 1987 en España 3.380 0,02
Eleccións ao Parlamento Europeo 2009 3.483 0,02
Eleccións municipais 2011 en España 5.218 0,14
Eleccións Xerais 2011 en España (Congreso) 16.148 0,06
Eleccións Xerais 2011 en España (Senado) 32.861 0,12

As penúltimas eleccións municipais ás que se presentou Unificación Comunista de España foron as de xuño de 1987. Nelas presentou candidaturas en nove municipios, catro deles na provincia de Valencia. O mellor resultado obtívoo no municipio de Carlet (2,74 %), superando en votos ás outras dúas candidaturas comunistas que se presentaban na localidade.

Municipio
Provincia
Votos
%
Concelleiros
Alaquàs Valencia 98 0,81 0
Barcelona Barcelona 869 0,09 0
Cádiz Cádiz 159 0,27 0
Carlet Valencia 210 2,74 0
Huelva Huelva 155 0,31 0
Murcia Murcia 309 0,20 0
Requena Valencia 39 0,42 0
Valencia Valencia 800 0,21 0
Zaragoza Zaragoza 741 0,26 0

Nas eleccións europeas de 2009 Unificación Comunista de España obtivo 3.483 votos (0,02%). Os seus mellores resultados estiveron nas circunscricións de Baleares (0,030%), Barcelona (0,030%), Alacant (0,036%), Álava (0,040%) e Valencia (0,042%).[10]

Na elección xeral en novembro de 2011, obtivo o seu mellor resultado en provincia de Lugo especialmente en Castroverde (a terceira forza política tras o PP e PSOE) [11]

Provincia Congreso Senado
Votos al Congreso  % +/- Votos no Senado  %
Lugo 588 0.27 + 570 760 0.35
Álava 290 0.17 + 251 533 0.32
Soria 72 0.14 + 65 193 0.39
Barcelona 3,355 0.12 + 2,921 8,677 0.34
Murcia 464 0.06 + 364 2,466 0.34
Pontevedra 428 0.07 + 320 830 0.15
Ourense 148 0.07 + 124 410 0.21
A Coruña 316 0.04 + 249 835 0.13
As Palmas 540 0.11 + 455 540 0.11
Guipúscoa 397 0.10 + 346 671 0.18
Biscaia 544 0.08 + 444 1,124 0.17
Uesca 105 0.08 + 93 363 0.31
Tarragona 265 0.07 + 218 658 0.20
Badaxoz - 0.00 - 37 - 0.00
TOTAL 16,148 0.06 12,665 32,861 0.12

Source: Ministerio del Interior - Elecciones Generales 2011

Publicacións[editar | editar a fonte]

Unificación Comunista de España conta con tres publicacións periódicas que son distribuídas a través da propia organización do partido:

  • De Verdad: periódico quincenal de actualidade política.
  • Foros XXI: revista mensual de actualidade cultural.
  • Chispas: revista mensual de análise político nacional e internacional.

Nos últimos anos Unificación Comunista de España promoveu a creación dunha rede de ateneos culturais que comezaron en Madrid co Ateneo Cultural Madrid XXI. Os ateneos XXI constitúen asociacións culturais que desenvolven unha actividade que segue de preto a liña ideolóxica de UCE. Entre outras actividades, neles celébranse conferencias nas que interveñen persoeiros salientables do espectro cultural español:[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cartel de marzo de 1981 contra o Golpe de Estado de Tejero.
  2. Editorial do Arma del Pueblo de agosto de 1981.
  3. Unificación Comunista de España apoia as candidaturas de Izquierda Unida. Editorial do De Verdad de marzal do 2000.
  4. Seis razones para votar "NO" al Cuatripartito: Seis razones para votar a "Ciutadans", manifiesto de UCE
  5. Las bases a referéndum, Foros21-Chispas-De Verdad, Edición Especial 2005
  6. No al régimen nazi-fascista de Arzalluz, portada do número 15 de 2003 de "De Verdad"
  7. Tenemos que concentrar el voto
  8. La opción de la izquierda
  9. De Verdad - De Verdad contra la crisis, manifesto publicado en xuño do 2009)
  10. Acuerdo de 23 de junio de 2009, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, por el que se procede a la publicación de los resultados de las elecciones de Diputados al Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 482/2009, de 3 de abril, y celebradas el 7 de junio de 2009, con indicación del número de escaños y de votos obtenidos por las candidaturas proclamadas.
  11. [http://elecciones.mir.es/resultadosgenerales2011/99CG/DCG1127904199_L1.htm?d=493 Ministerio del Interior: elección xeral en novembro de 2011.
  12. Actos culturais dos Ateneos XXI

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]

  • Páxina de Unificación Comunista de España.
  • Páxina dos seus manifestos publicados na prensa.