Telmo Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Telmo Martín González")
Telmo Martín González
Telmo Martín

4 de xullo de 1999 – 20 de decembro de 2006
Precedido por José Luis Rodríguez Lorenzo
Sucedido por Catalina González Bea

Datos persoais
Nacemento 16 de agosto de 1958 (56 anos)
Xil (Meaño)
Partido Partido Popular de Galicia
Profesión Político e empresario

Telmo Martín González, nado en Xil (Meaño) o 16 de agosto de 1958, é un político conservador e empresario da construción galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 14 anos emigrou a Frankfurt, onde traballou 3 anos no sector da siderurxia. En 1978 fundou a empresa Hierros Santa Cruz, da que hoxe é o seu único propietario. En 1990 creou a empresa Construcuatro, adicada á promoción e construción. Na actualidade é conselleiro delegado da empresa, posuíndo o 33% das accións.

En outubro de 2007 a Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia abriulle un expediente sancionador a dita empresa, ó haber "indicios abondo"[1] de cobrar sobreprezos en vivendas protexidas.

Política[editar | editar a fonte]

Comezou na política en 1987, concorrendo as eleccións municipais en Meaño polo PUM (Parroquias Unidas de Meaño), formación formada por un grupo de veciños.

Unha década máis tarde, en 1997 foi elixido presidente do Partido Popular de Sanxenxo. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixido alcalde dese concello con maioría absoluta, Catro anos despois, en maio de 2003, revalidou a maioría absoluta, converténdose no primeiro alcalde de Sanxenxo que foi reelixido dende as primeiras Eleccións municipais de 1979.

En xullo de 2006 foi nomeado candidato a alcaldía de Pontevedra. En decembro de ese ano renunciou ao seu cargo de alcalde de Sanxenxo.

O 27 de maio de 2007 gañou as eleccións municipais de Pontevedra co 44,2% dos votos, conseguindo 12 concelleiros, seguido polo candidato do BNG, que obtivo 7 concelleiros e o 28% dos votos. O PSOE logrou 6 edís. O 22 de maio de 2011 repetiu como candidato a alcaldía de Pontevedra. A súa candidatura foi a máis votada co 39,52% dos votos e 11 concelleiros. En pacto entre BNG e PSOE deixouno fóra do goberno municipal. Tras esta nova ocasión en que non conseguiu a alcaldía, Telmo Martín anunciou que non sería candidato as eleccións municipais de 2015, e que continuaría á fronte do PP de Pontevedra, ata que o partido lle permitise pór en marcha a súa sucesión.

Meses despois foi designado polo Partido Popular como número 4 das listas ao Congreso dos Deputados, e saíu elixido na provincia de Pontevedra. Meses máis tarde, en marzo de 2012, deixou o seu posto no concello de Pontevedra, onde foi substituído por Jacobo Moreira[2].


Predecesor:
José Luis Rodríguez Lorenzo
Escudo de Sanxenxo.svg
Alcalde de Sanxenxo

1999-2006
Sucesor:
Catalina González Bea

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]