Waregem
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Waregem é un concello belga situado na provincia de Flandres Occidental, zona de fala flamenga. O concello comprende os núcleos de [Beveren (Waregem)|Beveren]], Desselgem, Sint-Eloois-Vijve e o propio Waregem. En xaneiro de 2006 Waregem tiña 35.852 habitantes, sobre unha superficie de 44,34 km².
A principal atracción de Waregem é a equitación, pois no seu hipódromo se disputan anualmente unhas importantes carreiras de cabalos que teñen lugar o primeiro martes despois do último domingo de agosto, e que van acompañadas dunha semana de festas locais.
Nas súas proximidades atópase o camposanto Americano de Flandres, onde están soterrados 368 soldados estadounidenses falecidos en Bélxica durante a Primeira Guerra Mundial.
Véxase tamén[editar]
Famosos nados en Waregem[editar]
- Emile Claus, pintor