Edward John Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward John Smith
Edward John Smith
Edward John Smith
Nacemento: 27 de xaneiro de 1850
Hanley, Reino Unido Reino Unido
Falecemento: 15 de abril de 1912
Océano Atlántico
Ocupación: Capitán de barco
Oficial de reserva da Royal Navy

Edward John Smith, nado en Hanley o 27 de xaneiro de 1850 e finado abordo do RMS Titanic no Océano Atlántico o 15 de abril de 1912, foi un oficial de reserva da Royal Navy e capitán de barco inglés. Estivo ao mando de transatlánticos como o RMS Olympic ou o RMS Titanic, do que foi o primeiro e único capitán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O SS Atlantic, xemelgo so SS Republic.

Smith ingresou na White Star Line en marzo de 1880 como Cuarto Oficial do SS Celtic. Serviu a bordo dos navíos que cubrían a ruta Australia-New York, nos cales ascendeu pronto. No ano 1887, a White Star Line poñía nas mans de Smith o SS Republic. No ano 1888, Smith alistouse na reserva da Royal Navy licenciándose como tenente. Isto significaba que nos tempos de guerra, Smith podía ser chamado a servir na armada inglesa.

Capitán de grandes navíos[editar | editar a fonte]

Edward Smith foi capitán do SS Majestic desde 1895 ata 1904. Cando comezou a Segunda Guerra dos Boer en 1899, Smith transportou abordo do Majestic tropas cara a Colonia do Cabo, realizando dúas viaxes a Sudáfrica, ambas sen incidentes, e polos seus servizos, o rei Eduardo VII do Reino Unido otorgoulle a Medalla do Transporte en 1903.

Desde 1904 Smith está ao mando do RMS Baltic e en 1907 recibe o mando do RMS Adriatic. Fíxose moi popular e mediático na prensa especializada inglesa, dando moitas entrevistas pola súa carreira sen incidentes ata entón e concedéndoselle o título de capitán máis seguro e experimentado da White Star Line, aínda que tivera que enfrontarse a un sinistro abordo do RMS Germanic na cidade de New York e a un incendio no Baltic.

Desde o ano 1910 comeza a asumir mandos honoríficos ao levar nos seus primeiros viaxes aos novos barcos da compañía.

Capitán do Olympic[editar | editar a fonte]

O Olympic e o Titanic.

Smith fíxose co mando do RMS Olympic para o súa viaxe inaugural o 21 de xuño de 1911. Antes da travesía, invita ao rei Afonso XIII de España a visitar o barco, este desfrutou tanto da visita que enviou persoalmente unha carta de condolencias a Eleanor Smith tras a morte do seu marido no Titanic[1]. A viaxe inaugural do RMS Olympic víuse afectada por unha pequena colisión contra un remolcador no porto de New York.

Incidente do Hawke[editar | editar a fonte]

O RMS Olympic e o HMS Hawke tras a colisión

O primeiro accidente notable da carreira do capitán Edward Smith produciuse en setembro de 1911 entre o RMS Olympic e o HMS Hawke, ocasionando grandes danos en ambos os dous barcos. Este accidente obrigou que se atrasase a construción do RMS Titanic mentres se reparaba o Olympic. [2]. A responsabilidade do accidente non prexudicou a imaxe de Smith e a fin das reparacións do Olympic este foi entregado ao capitán Herbert Haddock [3].

Capitán do Titanic[editar | editar a fonte]

O Titanic o día que zarpou de Southampton.
Smith xa abordo do Titanic.

O 31 de marzo de 1912, Smith contempla por primeira vez ao Titanic. O 1 de abril de 1912, Smith embarca no Titanic para realizar as probas de mar, pero por malas condicións de tempo, pospúxose para o día seguinte, o 2 de abril, despois de extensas manobras no mar, é oficialmente aprobado para o servizo de pasaxeiros. Rematadas as probas, parte cara a Southampton para abastecerse e recibir a nova tripulación. A saída do Titanic estaba fixada para o 10 de abril de 1912.

A White Star Line realizara unha gran campaña propagandística para o Titanic e a venta de pasaxes superou as expectativas da compañía. Smith adicouse a preparar a saída e por políticas da compañía, a recibir ós pasaxeiros de primeira clase de maior connotación social.

O 10 de abril, xusto ao mediodía, o Titanic tocou a súa serea tres veces e Smith ordenou soltar amarras, os remolcadores axudaron ao xigantesco transatlántico a colocarse en posición da canle. Durante a saída o Titanic, creou un gran vórtice que fai soltar as amarras do transatlántico New York da Cunard Line, atraéndoo cara a el. Smith ordenou dar marcha atrás e grazas á axuda dun remolcador conseguiuse evitar a colisión. Moitos dos presentes consideraron dito incidente como un mal presaxio para o RMS Titanic.

Unha vez superado o incidente, o Titanic, diríxese cara a Cherburgo onde chega ao solpor do 10 de abril, alí recolle a máis pasaxeiros e parte cara a Queenstown, á maña seguinte. Neste período de tempo, é cando un pasaxeiro toma a derradeira fotografía de Edward Smith e mais o seu barco. Tras un intercambio de pasaxeiros e correo, o Titanic, parte cara New York.

A noite da traxedia[editar | editar a fonte]

A viaxe do Titanic transcorreu sen moitos incidentes, o 12 de abril comezáronse a recibir mensaxes telegráficos que anunciaban da presenza de grandes concentracións de icebergs na ruta.

A ruta orixinal do Titanic aparentemente interceptaba as zoas de xeo, por iso Smith ordenou unha ruta 16 millas máis ao sur para así bordear a zona de perigo.

Durante o domingo 14 de abril, o telégrafo da sala Marconi descompúxose por 10 horas o que obrigou aos operadores de radio Philips e Bride a reparalo ao longo de sete horas, cando por fin se compuxo, as partes de icebergs acumuláronse, ademais diso, os pasaxeiros desexaban enviar as súas mensaxes, polo que o humor do operador Jack Phillips non era moi bo.

Ao atardecer do 14 de abril, o Titanic dirixiuse novamente 10 millas máis ao sur do normal mentres caía a noite. Segundo algunhas fontes, o capitán Smith mantivo unha entrevista con Bruce Ismay no salón de fumadores de primeira clase no cal Ismay incitaba ao capitán a que aumentara a velocidade a pesar dos avisos de xeo.

O SS Californian, que estaba máis adiante do Titanic, detívose a causa dos icebergs e quixo informar ao Titanic da súa presenza, pero Philips, non escoitou os avisos do Californian. O operador do Californian, ó ver que non lle facían caso apagou o equipo ás 22.00 horas e retirouse a durmir.

As 20.00, Smith reuniuse para cear cun grupo de pasaxeiros de primeira clase no restaurante á carta da cuberta B. Entre eles estaban George Widener, a súa dona Eleanor e o Major Archibald Butt, axudante de campo do Presidente dos Estados Unidos, William Taft. Pasada a cea, Smith baixou ao salón de fumadores de primeira clase.

O Titanic, navegaba por augas moi quedas, case sen ondas, as luces do gran barco reflectíanse nun grande espello líquido escuro sobre o auga. Ás 20.55, Smith apareceu na ponte, alí estaba o segundo oficial Charles Ligtholler ao mando e comentoulle o estado da mar e Smith afirmou que nunca vira un mar nesas condicións. Ligtholler observou que nesas condicións a visión de icebergs era moito máis difícil, ao que Smith respondeu que confiaba que grazas ao ceo estrelado o xeo fose avistado a tempo e ordenou redobrar a garda nas cofas.

Ás 21.20, Smith ordenou que se lle informara en caso de calquera incidente, e marchou cara o seu camarote. Ás 22.00, o Primeiro Oficial, William Murdoch relevou a Lightolle e este informoulle das instrucións do capitán.

Posible iceberg que impactou co Titanic. Foi fotografado 5 días após o afundimento polo mariñeiro Stephan Rehorek, quen o fotografou pola liña vermella na base.

Ás 23.38 divisouse un iceberg a proa, e Murdoch ordena xirar a babor e ir cara atrás. Ás 23.40 o Titanic choca co iceberg que lle pasa polo costado e dobra as pranchas abrindo o casco baixo a liña de flotación o cal provoca que o Titanic comece a afundirse.

Smith presentouse na ponte e esixe novas a Murdoch: -¿Con que chocamos?- Cun iceberg señor, e infórmalle das manobras realizadas: -Pechen as comportas estancas- ordena Smith temendo o peor e Murdoch responde que xa estaban pechadas.

Tras observar os danos, Smith ordena deter as máquinas e chama a Thomas Andrews e o carpinteiro para facer unha inspección do barco. Tras a inspección Andrews informa de que se ían afundir en como moito dúas horas.

A fin de Edward Smith[editar | editar a fonte]

Portada do New York Herald informando sobre a catástrofe do Titanic.

As matemáticas confirmáronlle ao capitán Smith que só poderían salvarse entre 900 e 1.100 persoas das 2.200 que viaxaban no Titanic. Ante isto ordena a Ligtholler que dea preferencia ás mulleres e os nenos. Logo diso reuniu ao resto dos oficiais e ordenoulles que despertaran aos pasaxeiros e os mandaran ir cara a cuberta.

A continuación diríxese cara a sala Marconi e ordena que se envíe unha sinal de socorro empregando as siglas S.O.S., dicindo: -Creo que así hai que facelo nestes casos-.

Os botes salvavidas colocáronse na borda e as 0.30 comezaron a encherse, moitos deles de xeito insuficiente. Nalgúns deixouse subir aos homes, aparentemente non houbo moito control nisto, e Smith non parecía ter coñecemento da situación. Pola outra banda, os pasaxeiros de terceira clase, descobren que os accesos cara as cubertas superiores do barco están pechadas. moitos deles soben por lugares inadecuados e moi poucos lograron chegar aos botes. O SS Californian estaba a tan só 10 millas do lugar, e algún dos oficiais do Titanic afirmaron ver luces pero nada sucedeu ante as sinais luminosas. Smith ordenou ao cuarto oficial que trouxera os foguetes de emerxencia. E de feito no Californian viron as luces dos foguetes pero o capitán Stone Lord pensou que non eran máis ca sinais da compañía e non mostrou maior interese. [4].

Moitos dos sobreviventes afirman que Smith nunca demostrou nerviosismo ou descontrol algún da situación. Moitos víronnos cun megáfono dando instrucións a viva voz. Desde a sala de Marconi, recibiu a noticia de que o barco máis próximo era o RMS Carpathia e que estaba xa de camiño, pero que tardaría polo menos catro horas en chegar. Algunhas testemuñas afirman que ao recibir esta mala nova, Smith quedou en estado de shock. Ordenou sacas as armas e entregalas aos oficiais para que estes as utilizaran en caso de que se descontrolara a situación.

Nun dos últimos botes, Bruce Ismay conseguiu salvar a vida sen que ninguén llo impedira. Ás 1.45, xa non quedaba ningún bote abordo do RMS Titanic e Smith ao decatarse de que a maioría estaban medio baleiros comezou a chamalos para que salvasen a máis pasaxeiros. Ás 2.00 a ponte do barco estaba xa a ras da auga e se lanzou o último foguete. Ás 2.20 o Titanic desapareceu baixo as augas do Océano Atlántico logo de partirse en dúas metades. Como o buque afundiu, Smith foi visto camiñando cara á ponte, a poucos minutos antes de el eo resto da superestrutura para a fronte do navío foron engulidas polo mar.[5]


Circularon moitas versións entorno aos últimos momentos do capitán Smith; na auga con un neno pequeno nos seus brazos, tirando-se cunha pistola. ou (e isto é o máis probable), morrendo no seu posto na ponte como o Titanic afundiu.[6][7][8] O seu corpo nunca foi recuperado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Chirnside. Ano: 2004. Páxina:47
  2. Gérard Piouffr. Ano:2009. Páxina: 70
  3. Mark Chirnside. Ano: 2004. Páxina: 77
  4. Titanic and the mystery ship. Sean Molony
  5. Testimony of Charles Herbert Lightoller
  6. Spignesi, Stephen (2012). The Titanic for Dummies. John Wiley & Sons. p. 207. http://books.google.com/books?id=jqO__ScTpnMC&pg=PA207#v=onepage&q&f=false. Consultado o November 6, 2012.
  7. Ballard, pp. 40–41
  8. Mystery surrounds Captain Smith's last Smith

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]