Cork - Corcaigh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Queenstown")
Cork
Corcaigh
Corkcitycouncil.png
Lema: Statio Bene Fide Carinis
Cork river lee.jpg
Provincia Munster
Condado condado de Cork
Poboación (2006) 119.143 hab.
Densidade 3.194 hab/km²
Páxina web www.corkcity.ie
Localización de  Cork na Irlanda
51° 53' 49" N 08° 28' 40" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Cork (Corcaigh en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster, está situada preto da costa coas coordenadas 51°54′N 8°28′W.

O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo. A cidade é un dos máis importantes portos marítimos de Irlanda, con embarcadoiros e peiraos ao longo da beira do río Lee na parte leste da cidade. A cidade en si ten 123.062 habitantes, aumentando a 186.239 se engadimos a xente que vive nos arrabaldes. O condado, excluíndo a cidade, ten un total de 326.767 habitantes (CSO 2002).

Ponte de Patricks.

O nome da cidade deriva da verba irlandesa corcach que significa "zona pantanosa", en relación coa súa situación respecto o río Lee. Cork ten reputación de independente desde os tempos das invasións vikingas até a Guerra Civil irlandesa, que lle acadou o sobrenome de "condado rebelde". Hai moita xente de Cork que se refire a cidade como a "verdadeira capital irlandesa". (Dublín estivo baixo dominio estranxeiro a maior parte da súa historia).

Nome [editar]

A localidade, que tivo varios nomes en gaélico, orixinalmente chamábase Cove ('A Cova de Cork) en 1750. Foi renomeada como Queenstown en 1850 para conmemorar a visita da raíña Vitoria. Este nome permaneceu ata 1922 cando foi renomeada Cobh [1] coa fundación do Estado Libre Irlandés. Cobh é unha gaelicización do nome inglés Cove e non ten significado en gaélico.

Notas [editar]

  1. 'Republican Cobh & The East Cork Volunteers', Kieran McCarthy, Nonsuch Press, Dublin, pages 62-63