Harold Bride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Sydney Bride.

Harold Sydney Bride, nado en Londres o 11 de xaneiro de 1890 e finado o 29 de abril de 1956. Foi o radiotelegrafista subalterno do RMS Titanic. Traballando xunto con Jack Phillips, Bride axudou informando ao Capitán Smith sobre os barcos que ían en axuda do Titanic. A mañá seguinte á traxedia. Bride foi rescatado polo RMS Carpathia e sen preocuparse polo seu estado físico tras pasar toda a noite no mar, axudou ao operador de radio do Carpathia a transmitir a lista de pasaxeiros sobreviventes do RMS Titanic.[1]

Bride foi moi cuestionado pola prensa escrita e pola Armada dos Estados Unidos quen cuestionáronlle que mentres estaba no RMS Carpathia non axudou nas preguntas que se lle facían sobre algúns dos pasaxeiros, ao que Bride defendeuse dicindo que a prioridade era dar mensaxes privados dos pasaxeiros e informar aos sobreviventes, non responder ás preguntas da prensa. Tamén dixo que a Armada non entendeu o código morse, algo que esta negou.[1][2]

Aínda que foi un testemuño clave do afundimento, Bride sempre mantivo un perfil baixo.[3] Antes do Titanic, o 16 de marzo de 1912, Bride comprometérase con Mabel Ludlow pero rompeu este compromiso pouco despois cando coñeceu en setembro a Lucy Downie, con quen casou o 10 de abril de 1920.

Durante a Primeira Guerra Mundial, Bride servíu como telegrafista no vapor Mona's Isle e en 1922 marchou coa súa dona a vivir a Escocia onde pasou o resto dos seus días. Tivo tres fillos, Lucy (1921), John (1924) e Jeanette (1929).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]