SOS
|
SOS é o sinal de socorro máis utilizada internacionalmente. Comenzouse a utilizar a principios do século XX. Foi aprobada durante unha conferencia internacional en Berlín en 1906 para reemplazar a utilizada ata entón “CQD” nas transmisións telegráficas en Código Morse.
Elixiuse esta representación debido a que podía ser radiada facilmente usando o Código Morse, cunha sucesión de tres pulsos curtos, tres longos e outros tres curtos (
), tamén debido á sinxeleza da mesma é menos probable que se perda ou malinterprete por mor das interferencias. En realidade, nin sequera tratase de tres letras separadas (que deben transmitirse como tres pulsos curtos - pausa - tres longos - pausa - tres cortos) senón dun único código continuo.
Índice |
Significado[editar]
Posteriormente asociaránselle significados para facilitar a súa memorización.
En inglés:
- Save Our Souls: salven as nosas almas.
- Save Our Ship: salven o noso barco.
- Save or Sucumb: salvádenos ou morremos.
En latín:
- Si Opus Sit: se fora necesario
En galego:
- Sálvenos ou Socórranos
- Socorro, Oh Socorro
- Socorro ou Sucumbo
- Sálvenos ou Sepúltenos
- Sálvenos ou Sufriremos
- Sobrevivir ou Subsistir
- Solicito Oportuno Socorro
- Salvamento ou socorrismo.
- Sálvanos Oh Señor.
RMS Titanic[editar]
Habitualmente pénsase, equivocamente, que a primeira vez que utilizouse o sinal SOS foi no afundimento do RMS Titanic (o 14 de abril de 1912), pero algúns barcos europeos xa fixeron uso dela anteriormente.
O que si é certo é que o accidente do Titanic contribuíu enormemente a súa popularización e fixo que pasara a substituír por completo ao anterior código de socorro, o CQD (que significa: Copy Quality -Chamada Xeral-, eDistress -Problema-).
Véxase tamén[editar]
- Código Q: un código de sinais de tres letras empregado nas radiocomunicacións.
- Mayday: Mensaxe de axuda.