Eartha Kitt
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eartha Mae Kitt, nada en Carolina do Sur o 17 de xaneiro de 1927 e finada en Weston (Connecticut) o 25 de decembro de 2008, foi unha actriz, cantante de jazz e estrela de cabaré de nacionalidade estadounidense. Foi a antecesora de Diana Ross e Madonna no rol de material girl. Desenvolveu unha ampla carreira discográfica e cinematográfica.