Central Intelligence Agency

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CIA")
Central Intelligence Agency (CIA)
Axencia Central de Intelixencia
CIA.svg
Datos da Axencia
Formación 18 de setembro de 1947
Precedentes Office of Strategic Services (OSS)
Xurisdición Consello de Ministros da URSS
Sede central Flag of the United States.svg Langley, Virxinia
Lema "E coñecerán a verdade, e a verdade faravos libres." (Xoán 8:32)
Empregados Información clasificada
20.000 (estimados)
Orzamento Información clasificada
Director Michael Morell
V. Sue Bromley (dir. adxunta)
Axencia sup. Independente
Sitio web
www.cia.gov

A Central Intelligence Agency (CIA, en galego: Axencia Central de Intelixencia) é unha axencia gobernamental dos Estados Unidos da América. O seu fin é realizar investigacións e operacións sobre gobernos estranxeiros, empresas ou individuos que podan afectar aos Estados Unidos.

Índice

Historia [editar]

A CIA creouna en 1947 o presidente Harry S. Truman (1884 - 1972), ao comezo da Guerra Fría.

Para coordinar as actividades da Axencia, existe unha Dirección Central de Intelixencia, cuxa función é interligar a comunidade de información ao Presidente dos Estados Unidos, o que posibilita intervir, cando for necesario, en organizacións ou Estados estranxeiros. A súa sede central está en Langley, Virxinia.

Entre os seus logros destacan a defección de numerosos militares soviéticos durante a Guerra Fría, o rescate dun submarino atómico do fondo do Océano Pacífico en 1974 - cos seus segredos, o derrocamento de Mossadeq de Irán (1953), Jacobo Arbenz de Guatemala (1954), Sukarno de Indonesia (1965) ou de Salvador Allende de Chile (1973).

Control [editar]

A CIA é unha axencia independente, mais está baixo a autoridade do Consello de Seguridade Nacional, se ben o seu director e os xefes máis importantes teñen relación directa coa Casa Branca. No Congreso dos Estados Unidos existe un comité formado por políticos para fiscalizar a CIA e evitar que se cometan excesos ou omisións, sendo polo tanto, necesaria a súa fiscalización polos congresistas que teñen poderes para cobrar responsabilidades civís e criminais.

A misión de CIA é apoiar o Presidente, o Consello de Seguridade Nacional, e todos os funcionarios que fan e executan a política de seguridade nacional norteamericana.

Atribucións da CIA [editar]

Logo da CIA no chan das súas instalacións

Executar o monitoramento da intelixencia estranxeira de forma precisa, integral, e oportuna para asegurar a seguridade nacional.

Executar actividades de contrainformación, administrando actividades especiais, e outras funcións relacionadas coa intelixencia estranxeira e seguridade nacional, cando sexa ordenado polo Presidente.

Para realizar a súa misión, a CIA ocúpase da investigación e desenvolvemento de tecnoloxía de alto nivel. Como axencia independente, a CIA serve como fonte de análise de dados, traballando con outras organizacións na Comunidade de Intelixencia e Seguridade Nacional para asegurar que os datos recollidos cheguen coa maior precisión posíbel a Washington, cando sexa necesario.

Organización [editar]

Departamentos da CIA:

  • Departamento de Intelixencia Central do Congreso, son atribucións da dirección a prestación de contas ao Congreso
  • Departamento Executivo da Axencia de Intelixencia Central, leva o control e toma das decisións inherentes á administración central, interactúa con todas as outra direccións coa finalidade de mellorar o desempeño e administración interdepartamentais, alén de coordinar e mellorar a distribución de datos entre todos os departamentos.
  • Departamento de Intelixencia, realiza as análises, procesamento de datos e estatísticas, que saen para a presidencia tomar a decisións sobre os datos recollidos e procesados, a directoría de intelixencia, vixía os outros departamentos da axencia central.
  • Departamento de Ciencia e Tecnoloxía, é responsábel da creación e utilización das tecnoloxías de información, equipamentos de vixilancia, comunicacións armamentos, equipamentos para observación, información, contra información, espionaxe convencional, espionaxe espacial, contra espionaxes de todos os tipos, é responsábel para a posibilitación de condicións de vixilancia en territorio nacional ou inimigo.
  • Departamento de Operacións, todos os axentes dependen deste departamento, onde se dan as ordes de servizo e execución de accións en territorio nacional ou en territorio inimigo, tales como vixilancias e intervencións, cando foren necesarias nas políticas locais.
  • Centro de Estudos de Intelixencia e materiais históricos e estatística, todos os datos, utilizados ou non, despois de procesados e catalogados, van para esta directoría, para utilización a calquera tempo e momento en que se fixeren necesarios, é neste departamento no que se fai o procesamento estatístico a longo prazo dos rumbos do poder mundial e as súas nacións, é dela que emanan os consellos para o presidente analizar xuntamente coa opinións das demais directorias, e axencias para a tomada de decisións estratéxicas.
  • Escritorio de Deliberación Xeral, neste escritorio é executado o procesamento de decisións importantes para a axencia, é subordinado directamente ao presidente.
  • Escritorio de Negocios públicos, neste escritorios son feitos os contactos cos países aliñados e de onde emana a información necesaria para o seu uso.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]