Sidney Poitier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sidney Poitier
Poitier cropped.jpg
Sidney Poitier na Marcha sobre Washington, o 28 de agosto de 1963
Nacemento Sidney Poitier
20 de febreiro de 1927
Miami, Florida, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor (1943-2001)
Tamén director de cine, escritor e diplomático
Cónxuxe(s) Juanita Hardy
(1950-1965; divorciados)
Joanna Shimkus
(1976–presente)
Ficha na IMDb

Sir Sidney Poitier KBE, nado en Miami (Florida) o 20 de febreiro de 1927, é un actor, director de cine, escritor e diplomático bahamés-estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a facerse coñecer nos seus traballos como protagonista en varios filmes onde desafiaba conscientemente os estereotipos raciais e daba unha nova credibilidade ós actores negros.

En 1963, Poitier acadou o premio Oscar ó mellor actor polo seu papel no filme Lilies of the Field, sendo ademais o primeiro afroamericano en facelo. A importancia deste fito consolidouno como actor de renome, e en 1967 chegou a facer o papel principal de tres filmes que conseguiron o récord de recadación dese ano: To Sir, with Love, In the Heat of the Night e ¿A que non sabes quen vén cear esta noite?.

Como director, Poitier levou a cabo varios filmes que acadaron popularidade como Uptown Saturday Night, Let's Do It Again (xunto co seu amigo Bill Cosby) e Stir Crazy con Richard Pryor e Gene Wilder.

No 2002, 38 anos despois de gañar, Poitier é homenaxeado pola Academia co Óscar Honorífico en recoñecemento "das súas notábeis contribucións como artista e como ser humano".

Dende o ano 1997 traballa como embaixador das Bahamas no Xapón.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director de cinema[editar | editar a fonte]

Poitier (esquerda) con Harry Belafonte (centro) e Charlton Heston (dereita)
Ano Título
1972 Buck and the Preacher
1973 A Warm December
1974 Uptown Saturday Night
1975 Let's Do it Again
1977 A Piece of the Action
1980 Stir Crazy
1982 Hanky Panky
1985 Fast Forward
1990 Ghost Dad

Actor de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1991 Separate But Equal Thurgood Marshall
1995 Children of the Dust Gypsy Smith
1996 To Sir, with Love II Mark Thackeray
1997 Mandela and De Klerk Nelson Mandela
1998 David and Lisa Doutor Jack Miller
1999 The Simple Life of Noah Dearborn Noah Dearborn
1999 Free of Eden Will Cleamons
2001 The Last Brickmaker in America Henry Cobb

Actor de cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1947 Sepia Cinderella Extra
1949 From Whence Cometh My Help El mesmo Documental
1950 No Way Out Doutor Luther Brooks
1951 Cry, the Beloved Country Reverendo Msimangu
1952 Red Ball Express Andrew Robertson
1954 Go, Man, Go! Inman Jackson
1955 Blackboard Jungle Gregory W. Miller
1956 Good-bye, My Lady Gates Watson
1957 Edge of the City Tommy Tyler
1957 Something of Value Kimani Wa Karanja
1957 Band of Angels Rau-Ru
1957 The Mark of the Hawk Obam
1958 Virgin Island Marcus
1958 The Defiant Ones Noah Cullen
1959 Porgy and Bess Porgy
1960 All the Young Men Sarxento Eddie Towler
1961 A Raisin in the Sun Walter Lee Younger
1961 Paris Blues Eddie Cook
1962 Pressure Point Doutor
1963 The Long Ships Aly Mansuh
1963 Lilies of the Field Homer Smith
1965 The Bedford Incident Ben Munceford
1965 The Greatest Story Ever Told Simon de Cyrene
1965 A Patch of Blue Gordon Ralfe
1965 The Slender Thread Alan Newell
1966 Duel at Diablo Toller
1967 To Sir, with Love Mark Thackeray
1967 In the Heat of the Night Virgil Tibbs
1967 ¿A que non sabes quen vén cear esta noite? Doutor John Wade Prentice
1968 For Love of Ivy Jack Parks
1969 The Lost Man Jason Higgs
1970 King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis Narrador documental
1970 They Call Me MISTER Tibbs! Virgil Tibbs
1971 Brother John John Kane
1971 The Organization Detective Virgil Tibbs
1972 Buck and the Preacher Buck
1973 A Warm December Matt Younger
1974 Uptown Saturday Night Steve Jackson
1975 The Wilby Conspiracy Shack Twala
1975 Let's Do it Again Clyde Williams
1977 A Piece of the Action Manny Durrell
1979 Paul Robeson: Tribute to an Artist Narrador
1988 Shoot to Kill Warren Stantin
1988 Little Nikita Roy Parmenter
1992 Sneakers Donald Crease
1994 A Century of Cinema El mesmo documental
1996 Wild Bill: Hollywood Maverick El mesmo documental
1996 To Sir, with Love II Mark Thackeray
1997 The Jackal Director do FBI Carter Preston
1999 The Simple Life of Noah Dearborn
2001 Ralph Bunche: An American Odyssey Narrador documental
2004 MacKenzie El mesmo documental
2008 Mr. Warmth: The Don Rickles Project El mesmo documental

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Autobiografías[editar | editar a fonte]

Poitier ten publicado tres libros autobiográficos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]