Halle Berry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berry en xullo de 2013.

Halle Maria Berry, nada o 14 de agosto de 1966, é unha modelo e actriz de cinema e televisión estadounidense. Gañadora do Premio Emmy, Globo de Ouro e Oscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1985, foi Miss América e en 1986, quedou segunda neste mesmo certame. Desde entón traballa como modelo e actriz. En 2002 converteuse na primeira actriz afroamericana en recibir un Oscar da academia á mellor actriz principal pola súa interpretación en Monster's Ball, feito que lle supuxo acadar grande popularidade.

Un dos seus modelos a seguir foi Dorothy Dandridge, cantante, bailarina e actriz, a quen nomeou ó recoller o Oscar, e a quen representou nunha película. Dandridge foi a primeira actriz de raza negra nominada a un Oscar como protagonista en Carmen Jones, de Otto Preminger.

A súa nai, Judith, é enfermeira e estivo xunto a ela toda a súa vida, a diferenza do seu pai, quen abandonou á familia cando Halle tiña só 4 anos de idade. Regresou 4 anos máis tarde, pero nunca foi o mesmo xa que el era un home moi agresivo.

Do mesmo xeito que Dorothy Dandridge, sufriu malos tratos por parte dun dos seus primeiros mozos, que lle causou unha importante diminución na capacidade auditiva. O seu primeiro marido, David Justice, un xogador de béisbol, ó parecer era tamén violento. Tras un período de depresión e intento de suicidio, divorciouse logo de tres anos de matrimonio. Estivo casada co músico Eric Benet do que se divorciou en 2003.

En Jungle Fever (1991), de Spike Le, fixo o papel de drogadicta. Para introducirse no personaxe, non se aseou nin se peiteou nos dez días previos á rodaxe.

En The Last Boy Scout (1992), de Tony Scott, actuou con Bruce Willis. Para aprender a desenvolverse no papel actuou gratis nun local de striptease.

A consecuencia do seu traballo en Boomerang (1992), de Reginald Hudlin, na que actuou con Eddie Murphy, a MTV (cadea musical de televisión) proclamouna a actriz máis desexada do ano.

En The Flintstones (Os Picapedra, 1994), de Brian Levant, repetiu papel de comedia e explotou o seu físico. A súa interpretación dunha drogadicta que abandona ao seu fillo no lixo en Losing Isaiah (1995), de Stephen Gyllenhaal, causoulle unha profunda impresión e levouna a emprender traballos máis comerciais e lixeiros.

En Bullworth (1998), de Warren Beatty, recuperou a súa valía interpretativa. En termos económicos son, con todo, as películas de acción, as que mellores resultados lle proporcionaron.

Pola súa interpretación en Monster's Ball, conseguiu o Oscar, un premio SAG, o Oso de Prata en Berlín e foi elixida mellor actriz pola National Board of Review.

Pasará á historia como unha compoñente do selecto grupo de Chica Bond, xa que en 2002 rodou como protagonista feminina Die Another Day, xunto a Pierce Brosnan no papel de James Bond. Outros dos seus papeis máis destacados nos últimos anos foron as súas intervencións nas distintas entregas de X-Men e a súa interpretación da heroina Catwoman.

En 2006 asinou un contrato para ser a imaxe internacional da multinacional de cosméticos Revlon.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Oscars da Academia[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2001 Oscar á mellor actriz Monster's Ball Gañadora

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2005 Globo de Ouro á mellor actriz en miniserie ou película para TV Their Eyes Were Watching God Nomeada
2002 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Monster's Ball Nomeada
1999 Globo de Ouro á mellor actriz en miniserie ou película para TV Introducing Dorothy Dandridge Gañadora

Premios Emmy[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1999 Premio Emmy á mellor actriz en miniserie ou película para TV Introducing Dorothy Dandridge Gañadora

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Halle Berry
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Halle Berry

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]